Centwine de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Centwine de Wessex
Nacemento643
Falecemento686
EtniaSaxóns
Ocupaciónmonarca
PaiCynegils de Wessex
Cónxuxeunnamed (?)
FillosBugga
IrmánsCenwalh de Wessex
Na rede
WikiTree: King_of_Wessex-9
editar datos en Wikidata ]

Centwine de Wessex foi rei de Wessex (676-685), fillo do rei Cynegils de Wessex.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Probablemente non foi o único rei de Wessex, xa que puido guerrear con outros pretendentes durante o seu mandato. As Crónicas anglosaxoas din que Centwine se converteu en rei aproximadamente no ano 676 sucedendo a Aescwine de Wessex, co cal probabelmente conviviu.

En 682 Centwine quixo abrirse paso cara ao mar. Este é probabelmente o único feito que quedou reflectido historicamente do seu mandato. Dise que venceu en tres diferentes batallas. Sábese que profesaba a fe xermánica pagá aínda que posibelmente se converteu durante o seu reinado ao cristianismo. Parece ser que tivo dúas esposas e unha filla que parece identificarse cunha tal Dunna abadesa de Withington en Gloucestershire.

Centwine abdicou e fíxose monxe. Aldhelm escribiu que

abandonou as riquezas e o poder e deixou o seu reino en nome de Xesucristo

.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]