Aethelred I de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aethelred I de Wessex
Athelred.gif
Nacemento 837
Lugar Wessex
Falecemento 23 de abril de 871
Nacionalidade Wessex
Ocupación soberano
Cónxuxe Vulfrida de Wessex
Fillos Æthelhelm e Aethelwold aetheling
editar datos en Wikidata ]

Aethelred I de Wessex (en inglés antigo: Æþelræd), nado en 840 e finado en 871, foi o cuarto dos fillos homes -6 en total- de Aethelwulf, rei de Wessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Durante todo o seu reinado tivo que loitar contra os daneses, apoiado polo seu irmán menor, Alfredo, véndose envolvido en batallas unha tras outra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ascensión ao trono[editar | editar a fonte]

Ao morrer o seu irmán, o rei Aethelberht (outono de 865), sucédeo no trono de Wessex e de Kent[1].

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

A esposa de Aethelred chamouse probabelmente Wulfrida. Unha carta refírese a ela como Wulfthryth regina ("raíña Wulfrida")[2]. En Wessex do século IX era raro que á esposa do rei se lle dese o título de raíña, e só se ten certeza do uso de dito tratamento con Judit de Francia, segunda esposa de Aethelwulf. As historiadoras Barbara Yorke e Pauline Stafford, ademais de Prosopography of Anglo-Saxon England din que dado o tratamento que recibe, era a raíña consorte de Aethelred[3][4][5]. Podería ser a filla ou a irmá do «ealdorman» Wulfhere de Wiltshire, quen perde as súas terras acusado de deserción polo rei Alfredo «o Grande». Con todo, Sean Miller no seu artigo sobre Aethelred para o Oxford Dictionary of National Biography non a menciona[6][7]. Simon Keynes e Michael Lapidge nas notas da edición de 1983 de Alfred the Great: Asser's Life of King Alfred & Other Contemporary Sources refírese a ela como a «misteriosa "Wulfthryth regina"» aínda que posteriormente Keynes di que posibelmente foi a esposa do rei Aethelred[8].

Aethelred tivo dous fillos coñecidos, Aethelhelm e Aethelwold. Aethelwold disputa o trono con Eduardo «o Vello» despois da morte de Alfredo en 899. Entre os descendentes de Aethelred inclúense a Aethelweard, historiador do século X, e Aethelnoth, arcebispo de Canterbury durante o século XI.

Reinado[editar | editar a fonte]

Aethelred I non foi quen de controlar o aumento das incursións danesas que devastaron Inglaterra. O 4 de xaneiro de 871 na batalla de Reading, Aethelred sufriu unha derrota esmagadora, a pesar de que fixo os daneses tivesen unha vitoria pírrica. Con todo, pouco despois deste tropezón, Aethelred reformou o seu exército a tempo para gañar unha vitoria contundente na batalla de Ashdown. Non obstante, sufrira outra derrota o 22 de xaneiro na batalla de Basing. Finalmente morreu tras a batalla de Marton o 23 de abril de 871 aos 31 anos de idade. Está enterrado a igrexa de Wimborne, Dorset. Despois da súa morte a súa popularidade disparouse sendo considerado un santo, pero nunca foi canonizado. Sucedeuno o seu irmán o rei Alfredo o Grande.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] [2]
  2. "Reconstructing a royal family: reflections on Alfred". People and Places in Northern Europe, 500-1600: Essays in Honour of Peter Hayes Sawyer (en inglés). Boydell & Brewer. 
  3. "Edward as Ætheling". Edward the Elder 899-924 (en inglés). Routledge. 
  4. Queen Emma and Queen Edith (en inglés). Blackwell. 
  5. "Wulfthryth 2". 
  6. "A king across the sea: Alfred in continental perspective". 
  7. "Æthelred I [Ethelred I] (d. 871), king of the West Saxons". Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/8913. 
  8. "The West Saxon Charters of King Æthelwulf and his sons" (4). ISSN 0013-8266.