Cuthred de Wessex
Cuthred de Wessex | |
---|---|
Nacemento | século VIIxuliano |
Falecemento | 756 |
Etnia | Saxóns |
Ocupación | guerreiro |
Irmáns | Aethelheard de Wessex |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cuthred (ou Cuþræd) foi rei de Wessex desde 740 (739 de acordo co historiador Simeón de Durham, ou 741 segundo Xoán de Worcester) até 756.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sucedeu a Aethelheard de Wessex, quen se cre que era o seu irmán.
Cuthred herdou o reino cando Mercia acababa de alcanzar o seu apoxeo como o reino anglosaxón máis importante da época. Ambos os reinos a miúdo estaban en guerra, Aethelbald de Mercia converteuse en protector de Wessex e convenceu a Cuthred para loitar xuntos contra os galeses en 743.
Cuthred enfrontouse durante o seu reinado a varios problemas e episodios traumáticos. En 748, o fillo de Cuthred, Cynric foi asasinado nun motín. En 750 tivo que sufocar unha rebelión.
En 752, Cuthred rebelouse contra o rei de Mercia, Aethelbald na batalla de Edge, en Burford e asegurouse a independencia de Wessex durante todo o seu reinado. O ano seguinte tamén batallou sen un resultado claro contra o reino de Cornualla. Cuthred morreu en 756.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cuthred, King of Wessex1 (M)d. 756 en thepeerage.com