Cynewulf de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cynewulf de Wessex
Nacementoséculo VIIxuliano
Lugar de nacementoWessex
Falecemento786
Lugar de falecementoWiltshire
Soterradocatedral de Winchester
EtniaSaxóns
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Cynewulf, finado en 786, foi rei de Wessex desde 757 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cynewulf foi nomeado rei de Wessex despois de que o seu predecesor Sigeberht fora deposto. Puido chegar ao poder grazas á influencia de Aethelbald de Mercia. O rei de Mercia foi asasinado pouco despois e ese reino entrou nun curto período de guerra civil durante o cal Cynewulf aproveitou a situación e declarou a independencia de Wessex tomando as súas tropas a cidade de Berkshire. Vendo os seus avances tamén atacou Gales.

En 779, Cynewulf foi vencido polo rei Offa de Mercia na batalla de Bensington. Offa reconquistou a cidade de Berkshire, e tomou Londres. A pesar de todo, a relación entre ambos os reis foi boa, e mesmo Offa apoiou o nomeamento do seguinte rei de Wessex. En 786 Cynewulf foi asasinado.

O asasinato de Cynewulf parece suceder en Merton en Surrey, aínda que algúns historiadores o sitúan en Winchester.