Cynric de Wessex
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século V |
| Morte | 560 (Gregoriano) |
| Rei de Wessex | |
| 534 – 560 ← Cerdic de Wessex – Ceawlin de Wessex → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Casa de Wessex |
| Cónxuxe | unnamed wife of Cynric of Wessex |
| Fillos | Ceolwulf, Cutha of Wessex, Ceawlin de Wessex |
| Pais | Creoda de Wessex Cerdic de Wessex |
| Irmáns | Creoda de Wessex |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, first supplement (en) Great Complete Encyclopedia of All Sciences and Arts (en) |
Cynric de Wessex foi rei de Wessex entre 534 e 560.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reinado
[editar | editar a fonte]Todo o que se coñece acerca del procede da Crónica anglosaxoa, na cal existen algunhas contradicións. Por unha banda, asegúrase que Cynric é fillo de Cerdic, pero na lista de reis incluída no prefacio figura como o fillo de Creoda (outro fillo de Cerdic).
Durante o seu reinado dise que conquistou algunhas zonas próximas a Salisbury, como Searobyrig ou Old Sarum, en 552. Tamén figura na Crónica anglosaxoa que en 556 gañou unha batalla aos Britanos en Beranburh -identificada na actualidade como o castelo de Barbury-, xunto ao seu fillo Ceawlin. Se iso fose correcto, habería máis imprecisións na Crónica, pois nela aparece que Cerdic chegou xunto co seu pai a Bretaña en 495. O historiador David Dumville suxeriu que as datas reais do reinado de Cynric puidesen ser posteriores, entre 554 e 581.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome de Cynric procede da lingua anglosaxoa e vén significar algo así como parentesco-mandatario. Do mesmo xeito que o seu predecesor Cerdic e o seu sucesor Ceawlin, o seu nome ten unha etimoloxía alternativa, vinculada co termo celta "cunorix", que viría significar rei-can. En 1967 atopouse unha pedra en Wroxeter en contexto posromano coa inscrición CUNORIX MACUS MAQVI COLINE. Isto, aparentemente en gaélico, sería outra reminiscencia etimolóxica.
Cynric na cultura popular
[editar | editar a fonte]- En 2004, na película O rei Artur: A verdadeira historia que inspirou a lenda, Cerdic e Cynric eran presentados como invasores sajones e eran asasinados, respectivamente, polo Rei Arturo e por Lanzarote do Lago na batalla do Monte Badon. Cynric, nesa película, foi interpretado por Til Schweiger.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Peter Clemoes, Simon Keynes, Michael Lapidge (1981). Anglo-Saxon England, Cambridge University Press. ISBN 0-521-03834-0
- Laing, L.R. (1975). The archaeology of late Celtic Britain and Ireland, c. 400-1200 AD, Taylor & Francis. ISBN 0-416-82360-2
- John Nowell Linton Myres (1989). The English Settlements, Oxford University Press. ISBN 0-19-282235-7