Aethelbald de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aethelbald de Wessex
Nacementoc. 835
Lugar de nacementoWessex
Falecementoxullo de 860
Lugar de falecementoWessex
SoterradoSherborne Abbey
NacionalidadeWessex
Ocupaciónmonarca
PaiAethelwulf de Wessex
NaiOsburga
CónxuxeJudite de Flandres
IrmánsAethelberht de Wessex, Aethelred I de Wessex, Aethelstan de Kent, Alfredo o Grande e Etelsvita
Na rede
WikiTree: Wessex-255 Find a Grave: 3379 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aethelbald de Wessex, nado en 834 e finado o 20 de decembro de 860, foi un rei de Wessex, na Inglaterra anglosaxoa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o segundo dos fillos varóns -6 en total- de Aethelwulf, rei de Wessex e da súa primeira esposa, Osburga. A morte do seu irmán máis vello, Aethelstan de Kent (851) converteuno no herdeiro da coroa.

Partindo o seu pai en peregrinación a Roma xunto ao seu fillo máis novo Alfredo, aproveitou a súa ausencia á morte da súa nai (855) para destronalo e asumir o control de Wessex; pero volvendo o rei ao ano seguinte (856), logrou depor facilmente ao seu fillo e retomar o control do reino. Ao morrer o rei Aethelwulf o 13 de xaneiro de 858, Aethelbald sucedeuno no trono de Wessex. Aínda que criticara o matrimonio do seu pai coa filla do rei de Francia Carlos o Calvo, non dubidou en casar coa súa viúva, Xudite de Francia (febreiro de 858). Desta unión naceu un fillo, Archibaldo o Mozo, pero o matrimonio considerouse incestuoso e escandalizou ao pobo de Wessex. Presionado polo bispo de Winchester, Aethelbald foi obrigado a separarse de Judith e finalmente o matrimonio foi anulado pouco antes da súa morte (860).

Destacouse no combate e foi ese carácter marcial o que lle valeu o recoñecemento da mocidade de Wessex, pero morreu sendo impopular o 20 de decembro de 860, aos 26 anos de idade, sendo sepultado na abadía de Sherborne, en Dorset.

Sucedeuno no trono o seu irmán Aethelberht de Wessex, quen xa era rei de Kent.