Paio Soares de Taveirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pai Soarez de Taveirós")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Pai ou Paio Soares de Taveirós ou foi un trobador da primeira metade do século XIII, descendente da baixa nobreza galega, sería irmán de Pero Velho.

Obra[editar | editar a fonte]

É o autor da célebre Cantiga da garvaia, inspirada en elementos latinos e mozárabes e que foi considerada durante moito tempo a primeira obra poética en galego-portugués aínda que na actualidade perdeu o seu estatuto de cantiga coñecida máis antiga en favor dunha obra do trobador João Soares de Pávia. É unha cantiga de amor chea de ironía, por iso moitos autores pasaron a considerala como unha cantiga satírica, o que provocou unha certa controversia entre os partidarios dun e doutro sentido da mesma, sobre todo no que se refire ao personaxe a quen vai dirixida, unha filla de Don Pai Moniz, que durante moito tempo se identificou con Dona María Pais Ribeiro, a célebre Ribeirinha, amante do rei portugués Sancho I, a pesar de que a existencia na época de varias personalidades chamadas Pai Moniz ou Paio Moniz, así como a orixe galega de Paio Soares, parece debilitar esta hipótese.

Das que se teña constancia na actualidade é autor de 6 cantigas de amor, 3 cantigas de amigo[1] e 2 tenzóns con Pero Velho e Martin Soarez.

Notas[editar | editar a fonte]