O. J. Mayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O.J. Mayo»)
O. J. Mayo
UNICS Kazan  – No. 24
Información persoal
Nacemento 5 de novembro de 1987 (36 anos)
Virxinia Occidental Huntington, WV
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Instituto Rose Hill Christian (Kentucky)
North College Hill (Ohio)
Huntington (Virxinia Occidental)
Universidade USC (2007–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Minnesota Timberwolves
Carreira desde 2008
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2008–2012)
Dallas Mavericks (2012–2013)
Milwaukee Bucks (2013–2016)
Atléticos de San Germán (2018)
Dacin Tigers (2018–2019)
Hunan Jinjian Miye (2019)
Taipei Fubon Braves (2019–2020)
Liaoning Flying Leopards (2020–2021)
UNICS Kazan (2021–presente)
Premios e galardóns
Primeiro equipo All-Rookie (2009)

Ovinton J'Anthony "O. J." Mayo, nado o 5 de novembro de 1987 en Huntington, Virxinia Occidental, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga como escolta no UNICS Kazan ruso. Aínda que foi seleccionado no Draft da NBA polos Minnesota Timberwolves, non chegou a xogar co equipo de Minneapolis, comezando a súa carreira profesional nos Memphis Grizzlies. Tamén xogou tamén nos Dallas Mavericks antes de asinar co seu actual equipo. En 2011 deu positivo nun test de dopaxe nun esteroide prohibido, motivo polo cal foi suspendido durante 10 partidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Mayo naceu cando a súa nai, Alisha Mayo, tiña 17 anos. O seu pai, Kenny Ziegler, xogou ao baloncesto no Instituto Huntington e gañou un título estatal co equipo. A primeira mención pública de Mayo foi no xornal Ashland Daily Independent, nun artigo chamado Fenómeno o 21 de xaneiro de 2001, cando soamente contaba con 13 anos de idade. No artigo xa se lle mencionaba como un dos mellores bases da súa xeración. Mayo trasladouse do Instituto Huntington ao Instituto Rose Hill Christian, unha escola privada en Ashland, Kentucky, xa que os atletas estudantes en Kentucky poden practicar deportes de instituto coma se fosen de sétimo grao. En sétimo grao, xogando contra júniors (estudantes de terceiro ano no instituto) e séniors (de cuarto ano) de instituto, as súas estatísticas eran a miúdo superiores ás de xogadores cinco anos por encima del. No seu primeiro partido no equipo anotou 27 puntos, colleu 7 rebotes e roubou tres balóns.

Durante o seu ano de sétimo grao en xaneiro de 2002, Mayo foi mencionado en Sports Illustrated e en CBS Sportsline.com, e realizáronse artigos sobre el no The Courier-Journal (Louisville, Kentucky), no Herald-Dispatch (Huntington, Virxinia Occidental) e no USA Today. Tras a finalización da temporada de baloncesto durante o seu ano de oitavo grao, Mayo trasladouse a Cincinnati con Dwaine Barnes, un vello amigo da familia a quen Mayo chamaba o seu "avó", e pediu asistir ao Instituto North College Hill, preto de Cincinnati, onde se xuntou co seu amigo Bill Walker. Xuntos gañaron en dúas ocasións os títulos estatais da División III de Ohio.

Instituto[editar | editar a fonte]

En 2006, con 18 anos, foi seleccionado Mr. Basketball de Ohio e Mellor Xogador do Ano da Associated Press Division III por segunda tempada consecutiva. Fixo unha media de preto de 29 puntos, 9 rebotes e 6 asistencias por partido. A partir de entón gañou atención nacional e apareceu nas páxinas de Sports Illustrated, entre outras publicacións. En febreiro de 2006, Mayo congregou ao maior público xamais visto nun partido de instituto en Cincinnati. Máis de 16.000 espectadores viron caer a North College Hill ante o número un da nación, Oak Hill Academy. Mayo estaba considerado un xogador capaz de dar o salto directamente desde o instituto á NBA, mais un acordo entre a NBA e os seus xogadores estableceu unha norma na que se prohibía o paso á NBA sen xogar polo menos un ano na universidade. O 5 de xuño de 2006, ESPN anunciou que Mayo acudiría á Universidade do Sur de California. Dous días despois, a WSAZ-TV informou que Mayo só considerou dúas universidades máis: a de Kansas State e a de Florida.

En xaneiro de 2007, Mayo supostamente agrediu ao árbitro Mike Lazo tras ser explusado no partido que lles enfrontaba ao Insituto Capital no Charleston Civic Center. De acordo ás regras da Comisión de Actividades da Escola de Secundaria de Virxinia Occidental, o xogador foi sancionado con dous partidos de suspensión. Con todo, grazas ao vídeo demostrouse que Lazo reaccionou exageradamente e finxiu o incidente, polo que de maneira posterior levantáronse as sancións a Mayo e aos outros cinco xogadores que foron sancionados durante aquel partido. Sorprendentemente, máis tarde, a orde restritiva que levantou a sanción foi anulada e castigouse a Mayo con tres partidos.

O 9 de marzo de 2007, Mayo e outras tres persoas foron citadas polo Departamento do Shériff do Cabell County por posesión de marihuana. Os axentes atoparon o cánabo nun coche no que Mayo era pasaxeiro e, xa que ninguén afirmou ser o portador da droga, todos os ocupantes foron multados. As acusacións sobre Mayo foron retiradas o 12 de marzo de 2007 despois de que un dos pasaxeiros do vehículo tomou a responsabilidade da marihuana. O 17 de marzo de 2007, o Instituto Huntington gañou o seu terceiro campionato consecutivo de baloncesto no estado de Virxinia Occidental tras gañar a South Charleston por un avultado 103-61. Mayo finalizou cunha tripla-dobre; 41 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias. Aquela tempada liderou ao seu equipo cunhas medias de 28,4 puntos por partido e gañou o Premio Bill Evans (mellor xogador do ano de baloncesto masculino no estado).

Universidade[editar | editar a fonte]

Mayo matriculouse na Universidade do Sur de California no verán de 2007. Mentres esperaba a que comezase a tempada, Mayo enfrontouse a xogadores da NBA como Kobe Bryant, Sam Cassell, Kevin Garnett, Mike Dunleavy, Jr., Jason Kidd, Adam Morrison, J. J. Redick e ao retirado Michael Jordan.[1]

Mayo comezou a súa primeira tempada universitaria perdendo ante Mercer pero asinando 32 puntos, 7 rebotes e 4 asistencias. O seguinte partido traduciuse en vitoria por 74-47 sobre The Citadel, con Mayo anotando 16 puntos, capturando 7 rebotes e repartindo 5 asistencias. O seu mellor partido foi ante Arizona, onde a pesar da derrota anotou 37 puntos, o seu tope persoal. No Torneo da Pacific-10 Conference de 2008, os Trojans de Mayo perderon ante a UCLA de Kevin Love en semifinais. Tanto Love como Mayo foron seleccionados no mellor quinteto do torneo. No seu debut no torneo da NCAA cos Trojans, Mayo conseguiu 20 puntos mais o seu equipo perdeu ante Kansas State de Michael Beasley. Mayo non disputou a súa segunda tempada, decidindo presentarse ao Draft da NBA de 2008.

Profesional[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2008, Mayo foi seleccionado terceiro no Draft polos Minnesota Timberwolves, aínda que máis tarde foi traspasado aos Memphis Grizzlies xunto con Marko Jarić, Antoine Walker e Greg Buckner a cambio dos dereitos do novato Kevin Love, Mike Miller, Brian Cardinal e Jason Collins. No seu debut nas ligas de Verán da NBA, Mayo liderou á vitoria aos Grizzlies sobre New Orleans Hornets con 15 puntos. Mayo logrou polo menos 10 puntos nos seus primeiros 21 partidos na NBA. Durante a súa primeira tempada na liga, Mayo anotou 30 ou máis puntos en sete ocasiones, finalizando con 18,5 puntos de media por partido e segundo na votación polo Rookie do Ano detrás de Derrick Rose. O 19 de xullo de 2012, Mayo asinou un contrato de dous anos con Dallas Mavericks. O 13 de xullo de 2013, Mayo asinou con Milwaukee Bucks.

O 1 de xullo de 2016, foi suspendido por dous anos pola NBA debido ó consumo de drogas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bolch, Ben (27 de agosto de 2007). "Mayo's L.A. summer of anonymity ends". L.A. Times (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2015. 
  2. SI Wire (1 de xullo de 2016). "O.J. Mayo dismissed from NBA for violating anti-drug program". Consultado o 1 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]