Número bicomplexo
Sistema numérico en matemáticas |
---|
Conxuntos numéricos ℕ ⊂ ℤ ⊂ ℚ ⊂ ℝ ⊂ ℂ |
Números destacables |
Outras extensións dos números complexos |
Infinito |
Especiais |
Outros importantes |
Sistemas de numeración |
Un número bicomplexo é un número escrito na forma a + bi1 + ci2 + dj, onde i1, i2 e j son unidades imaxinarias. Baseándose nas regras para a multiplicación da unidade imaxinaria, se temos que A = a + bi1 e B = c + di1, entón o número bicomplexo resultante debe escribirse como A + Bi2. Os números bicomplexos son similares a números complexos, nos que as dúas partes son de novo complexos no canto de reais (de aí o prefixo bi). Os números bicomplexos redúcense a complexos cando A e B son números reais.
Os números bicomplexos diferéncianse dos cuaternións xa que a multiplicación dos bicomplexos é tanto conmutativa como asociativa e distributiva sobre a suma. Dado isto e as regras para a multiplicación das unidades imaxinarias, calquera parella de números bicomplexos poden ser multiplicados.
A multiplicación das unidades imaxinarias vén dada polas seguintes regras:
- i1 · i1 = -1
- i2 · i2 = -1
- j · j = 1
- i1 · i2 = j
- i1 · j = -i2
- i2 · j = -i1