Manuel Lois Vázquez
Manuel Lois Vázquez | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1868 |
Lugar de nacemento | Maside |
Falecemento | 29 de xuño de 1899 |
Lugar de falecemento | Maside |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, médico e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Nolaso Lois Vázquez, nado en Maside o 29 de xaneiro de 1868 e finado no mesmo concello o 29 de xuño de 1899, foi un médico, xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no Colexio-Seminario Menor de Nosa Señora dos Milagres e despois fixo o bacharelato no Instituto de Ourense, rematando en 1883. Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, licenciándose na de Compostela en 1896. Desde outubro de 1896 exerceu como médico municipal en Maside. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela, A Tía Catuxa O Galiciano, A Monteira, Álbum Literario e El Eco de Galicia. Asinou algunhas das súas composicións co pseudónimo "Mefistófeles" e outras cos anagramas "Leunam Siol" e "Nunelasoli".
Obras[editar | editar a fonte]
- Ensayos literarios. Suspiros del corazón, 1886.
- Don Diego López Pindo, 1886.
- Brisas gallegas, 1890.
- Horas perdidas, 1899.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Monteagudo, Teresa (1997). "Noticias acerca de Manuel Lois Vázquez e a súa obra" (PDF). Boletín Galego de Literatura (17): 99–107. Consultado o 9 de novembro de 2013.
- Monteagudo, Teresa (1997). "Manuel Lois Vázquez e os seus pseudónimos" (PDF). Boletín Galego de Literatura (18): 131–138. Consultado o 9 de novembro de 2013.
- Rodríguez Pérez, Xosé Ricardo (1999). Deputación Provincial, ed. A agochada obra de Manuel Lois Vázquez (1889-1899). Ourense. ISBN 84-87575-77-3.