Un home de Vilameán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un home de Vilameán
A Lanzada desde A Siradella.jpg
A praia da Lanzada é un dos espazos nos que se desenvolve a novela.
Autor/a Xoán Bernárdez Vilar
Orixe Galiza
Lingua galego
Xénero(s) Novela histórica
Editorial Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Data de pub. 1976

Un home de Vilameán é unha novela histórica de Xoán Bernárdez Vilar, publicada en 1976. Trata sobre a orixe e evolución da Revolta irmandiña.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O protagonista é Pedro Bas, veciño de Vilameán (Tomiño), que farto da deplorable situación na que se atopaba o campesiñado por mor dos impostos do clero e os abusos da nobreza, decide integrarse na Santa Irmandade.

O libro distribúese en catro capítulos, Ceifa, Sementeira, Colleita e Holocausto, e conta, ademais da bibliografía e un mapa coas poboacións onde se desenvolve a historia, cun anexo onde se recollen as principais reivindicacións sociais da Historia dende o Código civil de Urnammum (2064 a.C) ata o preito Tabera - Fonseca, do cal se recollen varias testemuñas de persoas que viviran a Revolta irmandiña.

Edicións[editar | editar a fonte]

En 1975 gañou o Premio Alfredo Somoza, convocado polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo. O libro foi publicado ao ano seguinte, co subtítulo de Anatomía dunha revolución.

Dende 1983 pertence ao fondo bibliográfico de Edicións Xerais, e dende 1990 está na súa colección Narrativa, co subtítulo de Anatomía da revolución irmandiña. A edición inclúe unha táboa histórica, bibliografía consultada e dous mapas, un das Rías Baixas e outro de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]