Nouméa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Noumea")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 22°16′33″S 166°27′29″L / -22.27583, -166.45806

Nouméa
Noumea centre 1402561139 375c811796 o.jpg
Centro da cidade
Localización
Nouméa en Nova Caledonia
Nouméa
Nouméa
PaísNova Caledonia Nova Caledonia
País de ultramarNova Caledonia
ProvinciaProvincia do sur
Xeografía
Altitude0-167 msnm
Superficie45´7 km²
Demografía
Poboación100.237 hab. (2009)
Densidadehab/km²
Outros datos
Código postal98800
AlcaldeJean Lèques (1986-presente)
Páxina oficial de Nouméa

Nouméa é a principal cidade e capital administrativa do territorio de ultramar francés de Nova Caledonia. Atópase nunha península no sur da illa principal de Nova Caledonia, Grande Terre, e é o fogar da maioría da poboación europea da illa, polinesios ( Wallisiáns, Futuniáns, tahitianos), indonesios, e vietnamitas, tamén de moitos melanesios, Ni-Vanuatu e Kanakas que traballan nunha das cidades máis industrializada do Pacífico Sur. A cidade atópase nun porto protexido de augas profundas que serve como porto principal para Nova Caledonia.

No censo de agosto de 2014, había 179.509 habitantes na área metropolitana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa), dos que 99.926 vivían na cidade ( comuna) de Nouméa propiamente.[1] O 66,8% da poboación de Nova Caledonia reside en Gran Nouméa, que abarca as comunas de Nouméa, Le Mont-Dore, Dumbéa e Païta.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Fontaine Célesteen Place des Cocotiers en Nouméa.

A cidade está situada nunha península da parte suroccidental da illa de Nova Caledonia. Tamén é a maior cidade francófona de Oceanía. A poboación ronda os 100.00 habitantes que tornan uns 146.000 contando todo o contorno urbano. A cidade caracterízase pola súa multietnicidade, podendo encontrar diversas etnias: a metade dos habitantes é de orixe caldoque, pero tamén conta cunha forte proporción de orixe kanaka, asiáticos e polinesios.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro europeo en establecer un asentamento nas inmediacións foi o comerciante británico James Paddon en 1851. Ansioso de afirmar o control da illa, os franceses estableceron un asentamento nas proximidades tres anos despois en 1854, trasladándose desde Balade no norte da illa. Este asentamento chamouse inicialmente Port-de-France e pasou a chamarse Nouméa en 1866. A zona serviu primeiro como colonia penal, despois como centro para a exportación do níquel e ouro que extraíase nas proximidades.

Entre 1904 e 1940 Nouméa estivo ligada a Dumbéa e a Païta pola vía ferroviaria Nouméa-Païta, a única liña ferroviaria que existiu en Nova Caledonia.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Nouméa actuou como sede do exército dos Estados Unidos no Pacífico Sur. O complexo de cinco lados da sede militar dos Estados Unidos adoptouse despois da guerra como base dunha nova organización rexional de desenvolvemento intergubernamental: a Comisión do Pacífico Sur, máis tarde coñecida como Secretaría da Comunidade Pacífica, e máis tarde aínda como Comunidade do Pacífico.

A cidade mantén gran parte da mestura única de Nova Caledonia coa cultura francesa e antiga cultura melanesia. Aínda hoxe perdura a influencia militar de guerra dos Estados Unidos, tanto co calor que moitos neo-caledoneses senten cara a Estados Unidos despois de experimentar a relativa amabilidade dos soldados americanos como cos nomes de varios dos barrios de Nouméa. Distritos como "Receiving" e "Robinson", ou mesmo "Motor Pool", golpean o oído angloparlarte, ata que o contexto histórico queda claro.

Demografía[editar | editar a fonte]

Unha muller nun mercado de Nouméa

A zona urbana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa ) tiña no censo de agosto de 2014 unha poboación total de 179.509 habitantes, 99.926 dos cales vivían na comuna de Nouméa propiamente.[1]

A área urbana de Gran Nouméa está composta por catro comunas:

Poboación histórica[editar | editar a fonte]

1956 1963 1969 1976 1983 1989 1996 2009 2014
Nouméa (comuna) 22,235 34,990 41,853 56,078 60,112 65,110 76,293 97,579 99,926
Gran Nouméa 25,204 39,996 50,488 74,335 85,098 97,581 118,823 163,723 179,509
Cifras oficiais dos censos de poboación.[1][2]

Crecemento medio da poboación da área urbana do Gran Nouméa:

  • 1956-1963: +2.310 persoas ao ano (+ 7,5% ao ano)
  • 1963-1969: +1.791 persoas ao ano (+ 4,1% ao ano)
  • 1969-1976: +3.349 persoas ao ano (+ 5,6% ao ano)
  • 1976-1983: +1.543 persoas ao ano (+ 2,0% ao ano)
  • 1983-1989: +2.091 persoas ao ano (+ 2,3% ao ano)
  • 1989-1996: +3.020 persoas ao ano (+ 2,8% ao ano)
  • 1996-2009: +3.382 persoas ao ano (+ 2,4% ao ano)
  • 2009-2014: +3.106 persoas ao ano (+ 1,8% ao ano)

Migracións[editar | editar a fonte]

Os lugares de nacemento dos 179.509 residentes na zona urbana da Gran Nouméa no censo de 2014 eran os seguintes: [3] O 66,7% naceu en Nova Caledonia

Comunidades étnicas[editar | editar a fonte]

As comunidades étnicas autodeclaradas dos 179.509 residentes na área urbana da Gran Nouméa no censo de 2014 foron as seguintes: [3]

Linguas[editar | editar a fonte]

No censo de 2009, o 98´7% da poboación na área urbana da Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declararon que podían falar francés. O 97´1% declarou que tamén o podía leelo e escribilo. Só o 1´3% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non sabía o francés.[4]

No mesmo censo, o 20´8% da poboación na área urbana do Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declarou que podía falar polo menos unha das linguas kanaka. O 4,3% declarou que podía entender unha lingua kanaka pero non falala. O 74´9% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non tiña coñecemento de ningunha lingua Kanaka.[5]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Recensement de la population 2014 - Populations légales 2014". ISEE. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 2014-11-16. 
  2. "Population des communes de la Nouvelle-Calédonie de 1956 à 2009". ISEE. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 2013-10-14. 
  3. 3,0 3,1 ISEE (ed.). "Recensement de la population de 2014 - Poboación, mengueiros e rexistros por comunidades de Nouvelle Calédonie". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  4. "P19 Population de 15 ans et plus, selon le sexe et la connaissance du français, par commune et province de résidence". ISEE. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2013-10-14. 
  5. "P21 Population de 15 ans et plus, selon le sexe et la connaissance d'une langue kanak, par commune et province de résidence". ISEE. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2013-10-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]