Grande Terre, Nova Caledonia
Grande Terre, Nova Caledonia | |
---|---|
![]() Localización do arquipélago de Nova Caledonia | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() ![]() |
Departamentos e territorios de ultramar de Francia | Nova Caledonia |
Provincia | Sur - Norte |
Arquipélago | Nova Caledonia |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 21°30′N 165°30′L / 21.500, -165.500 |
Xeografía | |
Superficie | 16.664 km² |
Longura máxima | 350 km. |
Largura máxima | 70 km |
Perímetro | 2.254 km |
Punto máis alto | 1.628 m. Mont Panié |
Demografía | |
Capital | Nouméa |
Poboación | 247.600 (2014) |
Densidade | 14´86 hab./km² |
Grande Terre é a illa principal de Nova Caledonia. Comprende varias illas máis pequenas como o Arquipélago de Belep ao norte de Grande Terre, as illas da Lealdade ao leste de Grande Terre, a Illa dos Piñeiros ao sur e as Illas Chesterfield e Bellona ao oeste.
Grande Terre é por moito a illa máis grande, e a única con montañas. Ten unha área de 16.372 km² e unha forma alargada de noroeste a sueste, medindo 350 km de longo por 50–70 km de ancho. Unha cadea montañosa corre ao longo da illa e conta con cinco picos de máis de 1.500 m. O punto máis alto é o Monte Panie con 1.628 m.
Clima
Nova Caledonia localízase no Trópico de Capricornio, entre os 19º e 23º de latitude sur. O clima das illas é tropical, a choiva é estacional e é traída polos ventos que usualmente corre desde o leste. A media de precipitación anual é de 1.500 mm nas Illas da Lealdade, 2.000 mm nas partes baixas de Grande Terre e entre 2.000 mm e 4.000 mm nas zonas elevadas de Grande Terre.