Nikola Mirotić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nikola Mirotić
Nikola Mirotic (16240996134).jpg
New Orleans Pelicans – No. 3
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 11 de febreiro de 1991 (27 anos)
Flag of SFR Yugoslavia.svg Titogrado, Montenegro, RFS Iugoslavia
Nacionalidade Flag of Montenegro.svg España Montenegro/España
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 108 kg (236 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 23

Por Houston Rockets

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Real Madrid (2008–2009)
Palencia Baloncesto (2009–2010)
Real Madrid (2010–2014)
Chicago Bulls (2014–2018)
New Orleans Pelicans (2018–presente)
Información en nba.com

Nikola Mirotić (en cirílico: Никола Миротић), nado en Titogrado (Montenegro, daquela pertencente á RFS Iugoslavia) o 11 de febreiro de 1991, é un xogador montenegrino de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Mirotić comezou a súa carreira coma profesional no Real Madrid da Liga ACB. En 2011, asinou unha extensión de contrato por 5 anos co Real Madrid.[1]

O 23 de xuño de 2011, Mirotić foi seleccionado na 23ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Houston Rockets. Os seus dereitos foron traspasados aos Minnesota Timberwolves, e despois foron traspasados outra vez aos Chicago Bulls.[2]

O 13 de xullo de 2014, anunciou a súa incorporación ós Chicago Bulls para a tempada 2014-15. O 18 de xullo de 2014, asinou oficialmente o seu contrato de tres anos cos Bulls.[3]

O 1 de febreiro de 2018, Mirotić foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós New Orleans Pelicans, a cambio de Ömer Aşık, Tony Allen, Jameer Nelson, unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, e a opción de intercambiar eleccións de segunda rolda do Draft de 2021 cos Pelicans.[4] Dous días máis tarde fixo o seu debut cos Pelicans, facendo 18 puntos na derrota por 118-107 contra os Minnesota Timberwolves.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Euroleague.net Real Madrid extends Mirotic through 2016.
  2. "NBA Draft: Nr 1 dla Irvinga, wybrano 10 Europejczyków". PolskiKosz.pl. 24 de xuño de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2011. 
  3. "Bulls sign forward Nikola Mirotic". NBA.com. 18 de xullo de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2014. 
  4. "Pelicans Acquire Nikola Mirotić". NBA.com. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  5. "Butler scores 30 to lead Wolves past Pelicans, 118-107". ESPN.com. 3 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]