Chandler Parsons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chandler Parsons
Chandler Parsons 20141020.jpg
Atlanta Hawks
Ala
Información persoal
Nacemento 25 de outubro de 1988 (30 anos)
Flag of Florida.svg Casselberry, Florida
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Lake Howell HS
(Winter Park, Florida)
Universidade Florida (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 38

Por Houston Rockets

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Cholet Basket (2011)
Houston Rockets (2011–2014)
Dallas Mavericks (2014–2016)
Memphis Grizzlies (2016–2019)
Atlanta Hawks (2019–presente)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2012)
Información en nba.com

Chandler E. Parsons, nado o 25 de outubro de 1988 en Casselberry, Florida, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Parsons foi elixido na 38ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Houston Rockets.[1] Debido ao lockout da NBA, Parsons asinou co Cholet Basket francés un contrato curto. En tres partidos, acadou 10 puntos, 6 rebotes, 4 asistencias e 2.3 roubos de balón por encontro.[2] Parsons asinou cos Rockets o 18 de decembro de 2011.[3] Ó remate da tempada 2011-12, foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da tempada.[4]

Tras a tempada 2013-14, Parsons converteuse en axente libre restrinxido. O 10 de xullo de 2014, recibiu unha oferta de tres anos e 46 millóns de dólares dos Dallas Mavericks.[5] Os Rockets decidiron non igualar a oferta,[6] e Parsons asinou cos Mavericks o 15 de xullo.[7]

O 7 de xullo de 2016, Parsons asinou un contrato de catro anos e 94 millóns de dólares cos Memphis Grizzlies.[8]

O 7 de xullo de 2019, Parsona foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Solomon Hill e Miles Plumlee.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gorten, Steve (23 de xuño de 2011). "Florida's Chandler Parsons drafted by Houston Rockets at No. 38". OrlandoSentinel.com. Consultado o 21 de decembro de 2013. 
  2. "Chandler Parsons leaves Cholet". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2012. Consultado o 06 de xaneiro de 2012. 
  3. "Rockets sign 2nd round pick Chandler Parsons". InsideHoops.com. 18 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2011. 
  4. "Irving, Rubio headline 2011-12 NBA All-Rookie First Team". NBA.com. 22 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2012. Consultado o 23 de maio de 2012. 
  5. Rockets on clock for Mavericks' Chandler Parsons offer
  6. "Parsons headed to Mavs; Rockets not matching offer". NBA.com. 13 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  7. "Mavericks Sign Chandler Parsons". Mavs.com. 15 de xullo de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  8. "Grizzlies sign Chandler Parsons to multi-year contract". NBA.com. 7 de xullo de 2016. Consultado o 7 de xullo de 2016. 
  9. "Atlanta Hawks Acquire Chandler Parsons From Memphis Grizzlies". NBA.com. 6 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]