Jonas Valančiūnas
![]() | |
Memphis Grizzlies – No. 17 | |
Pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1992 (28 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 120 kg (265 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Toronto Raptors |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
BC Perlas (2008–2010) Lietuvos Rytas (2010–2012) Toronto Raptors (2012–2019) Memphis Grizzlies (2019–presente) | |
Información en nba.com |
Jonas Valančiūnas (AFI: [ˈjoːnɐs vɐɫɐnʲˈt͡ʃûːnɐs]), nado o 6 de maio de 1992 en Utena, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Lituania[editar | editar a fonte]
Nos primeiros anos da súa carreira, Valančiūnas xogou para o BC Perlas lituano, e dous anos máis tarde, ficharía polo BC Lietuvos Rytas, onde gañou a liga e a copa lituana.
NBA[editar | editar a fonte]
O 23 de xuño de 2011, Valančiūnas foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Toronto Raptors. Ata a tempada 2012-2013 non poderá xogar cos Raptors, debido á cláusula de 2.5 millóns que ten co Lietuvos Rytas. Os Raptors só poden pagar medio millón debido ás regras da NBA, pero Valančiūnas anunciou que el mesmo ía pagar o resto para poder xogar na NBA. O Lietuvos Rytas, porén, dixo que non lle permitiría xogar na NBA ata a tempada 2012-13.
O 7 de febreiro de 2019, Valančiūnas foi traspasado xunto a C. J. Miles, Delon Wright e unha elección da segunda rolda do Draft ós Memphis Grizzlies, a cambio de Marc Gasol.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Raptors Acquire Gasol From Grizzlies". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.