Bojan Bogdanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bojan Bogdanović
Bojan Bogdanović'13.JPG
Indiana Pacers – No. 44
Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 18 de abril de 1989 (28 anos)
Flag of SFR Yugoslavia.svg Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 102 kg (216 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 31

Por Miami Heat

Carreira dende 2004
Historial de equipos
Zrinjski Mostar (2004–2005)
Real Madrid (2005–2009)
→Zrinjski Mostar (2005–2006)
CB Murcia (2008–2009)
Cibona Zagreb (2009–2011)
Fenerbahçe Ülker (2011–2014)
Brooklyn Nets (2014–2017)
Washington Wizards (2017)
Indiana Pacers (2017–presente)
Información en nba.com

Bojan Bogdanović, nado o 18 de abril de 1989 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Bogdanović comezou a súa carreira no baloncesto en 2004 no equipo da súa cidade natal, o Zrinjski Mostar, onde xogou durante unha tempada. En 2005, asinou un contrato por cinco anos co Real Madrid da Liga ACB, pero para a tempada 2005-06 foi cedido ó Zrinjski Mostar. Nas dúas tempadas seguintes xogou co equipo junior do Real Madrid, e na tempada 2008-09 foi cedido ó CB Murcia.

En agosto de 2009, Bogdanović asinou un contrato por catro anos co KK Cibona. En xullo de 2010, asinou unha extensión de tres anos do seu contrato.[1] Tras a tempada 2010-11, rompeu o seu contrato co Cibona.[2]

O 19 de xuño de 2011, Bogdanović asinou un contrato por varios anos co Fenerbahçe Ülker.[3] O 23 de xuño de 2011, foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Miami Heat. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Minnesota Timberwolves, e despois ós New Jersey Nets.[4][5]

O 22 de xullo de 2014, Bogdanović asinou cos Brooklyn Nets un contrato de tres anos e 10 millóns de dólares.[6]

O 22 de febreiro de 2017, Bogdanović foi traspasado xunto a Chris McCullough ós Washington Wizards, a cambio de Andrew Nicholson, Marcus Thornton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2017.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cibona adds two, extends two
  2. Bojan Bogdanovic to sign with Fenerbahce?
  3. Fenerbahce announces Bogdanovic and Gist
  4. "Wolves Complete Five Draft-Night Trades". NBA.com. 24 de xuño de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  5. "NETS Acquire Draft Rights to Bojan Bogdanovic". NBA.com. 24 de xuño de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  6. Brooklyn Nets Sign Bojan Bogdanovic
  7. "Wizards Acquire Bojan Bogdanovic and Chris McCullough". monumentalsportsnetwork.com. 22 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]