Isaiah Thomas
![]() | |
Washington Wizards – No. 4 | |
Base | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1989 (30 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,75 m (5 ft 9 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Curtis (University Place, Washington) South Kent School (South Kent, Connecticut) |
Universidade | Washington (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 2 / Elección: 60
Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Sacramento Kings (2011–2014) Phoenix Suns (2014–2015) Boston Celtics (2015–2017) Cleveland Cavaliers (2017–2018) Los Angeles Lakers (2018) Denver Nuggets (2018–2019) Washington Wizards (2019–presente) | |
Premios e galardóns | |
2º Equipo de Rookies NBA (2012) | |
Información en nba.com |
Isaiah Jamar Thomas, nado o 7 de febreiro de 1989 en Tacoma, Washington, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).
Instituto[editar | editar a fonte]
Thomas foi ao Curtis Senior High School en University Place, Washington, e despois ao Kent High School en Kent, Connecticut, onde repetiu un curso debido a deficiencias académicas. Graduouse en Kent no ano 2008. En Curtis, Thomas fixo 31.2 puntos por partido coma júnior.[1]
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
NBA[editar | editar a fonte]
O 23 de xuño de 2011, Thomas foi elixido na 60ª e derradeira posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings. O 19 de febreiro de 2012, Thomas fixo o seu primeiro dobre-dobre con 23 puntos e 11 asistencias contra os Cleveland Cavaliers.
O 1 de marzo de 2012, Thomas foi nomeado Rookie do Mes de febreiro da Conferencia Oeste, tras facer 12.2 puntos e 4.4 asistencias por partido.[2]
O 12 de xullo de 2014, Thomas foi traspasado ós Phoenix Suns nun acordo que tamén mandou os dereitos de Alex Oriakhi ós Kings.[3]
O 19 de febreiro de 2015, Thomas foi traspasado ós Boston Celtics, a cambio de Marcus Thornton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016.[4]
O 22 de agosto de 2017, Thomas foi traspasado xunto a Jae Crowder, Ante Žižić e a elección da primeira rolda desprotexida do Draft de 2018 dos Brooklyn Nets ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyrie Irving.[5]
O 8 de febreiro de 2018, Thomas foi traspasado xunto a Channing Frye e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Los Angeles Lakers a cambio de Jordan Clarkson e Larry Nance, Jr..[6]
O 16 de xullo de 2018, Thomas asinou un contrato dun ano cos Denver Nuggets.[7] Debutou cos Nuggets o 13 de febreiro de 2019, na vitoria dos Nuggets por 120-118 contra os Sacramento Kings.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Isaiah Thomas ready to play basketball for Huskies
- ↑ "Cleveland's Kyrie Irving and Sacramento's Isaiah Thomas named Rookies of the Month". 1 de marzo de 2012. Consultado o 1 de marzo de 2012.
- ↑ Suns Complete Sign-and-Trade for Isaiah Thomas
- ↑ "Suns Complete Deal with Boston for Thornton, Draft Pick". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Cavaliers acquire Isaiah Thomas, Jae Crowder, Ante Zizic and the Brooklyn Nets’ 2018 Unprotected First Round Pick". NBA.com. 22 de agosto de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2017.
- ↑ "Lakers Acquire Isaiah Thomas, Channing Frye in Trade with Cleveland". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ "Denver Nuggets Sign Veteran Guard Isaiah Thomas". NBA.com. 16 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018.
- ↑ "Jokic tips in winner as Nuggets beat Kings 120-118". ESPN.com. 13 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en ESPN (en inglés)
|
- Nados en Tacoma, Washington
- Nados en 1989
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Denver Nuggets