Saltar ao contido

Olimpia Milano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AX Armani Exchange Olimpia Milan
Información xeral
Liga LBA / Euroliga
Fundación 1936
Historia Dopolavoro Borletti (1936−1947)
Cores           Vermello, branco
Presidente Italia Pantaleo Dell'Orco
Adestrador Italia Ettore Messina
Patrocinador EA7 Emporio Armani
Localización
Cidade Italia Milán, Italia
Pavillón Forum di Milano
Capacidade 12 700
Inauguración 26 de outubro de 1990
Campionatos
Euroliga 3 (1966, 1987, 1988)
Saporta 3 (1971, 1972, 1976)
Korać 2 (1985, 1993)
Liga 29 (1936−1939, 1950−1954, 1957−1960, 1962−1963, 1965−1967, 1972, 1982, 1985−1987, 1989, 1996, 2014, 2016, 2018, 2022)
Copa 8 (1972, 1986, 1987, 1996, 2016, 2017, 2021, 2022)
Suporcopa 4 (2016, 2017, 2018, 2020)
olimpiamilano.com

O Olimpia Milano, coñecido por motivos de patrocinio como EA7 Emporio Armani Milano, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Milán, a capital da Lombardía. Fundado en 1936 por Adolfo Bogoncelli, e actualmente propiedade de Giorgio Armani, é o club de baloncesto máis laureado de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa. Actualmente xoga na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, e na Euroliga.

As cores do uniforme habituais do Olimpia Milano son o vermello e o branco, e o equipo é ás veces coñecido como "Scarpette Rosse" (zapatos vermellos), isto é debido a que empregados do club importaban zapatillas Converse desa cor para os xogadores. Con todo, o club tamén é coñecido de diversos xeitos por mor dos seus patrocinadores, sendo os máis coñecidos Borletti, Simmenthal, Innocenti, Cinzano, Simac, Tracer, Phillips, Sony, Stefanel e o actual, Emporio Armani. O Olimpia Milano é o club italiano máis laureado, posuíndo nas súas vitrinas tres EuroLigas, vinte e sete Scudetti, seis Copas de Italia, unha Copa Intercontinental, tres Copas Saporta, dúas Copas Korać e outros moitos títulos menores. O equipo xoga os seus partidos coma local no Mediolanum Forum, un pavillón con capacidade para 12 700 espectadores.

Fundación e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

En 1936 a cidade de Milán era o centro neurálxico do baloncesto transalpino, xunto con Boloña, Trieste, Venecia e, máis ao sur, Roma. así, dende Trieste chagaría á capital longobarda Adolfo Bogoncelli, que fundaría un club coñecido como Triestina Milano. Durante os seguintes anos á súa fundación a Triestina competiu modestamente á sombra doutros equipos da cidade como a Dopolavoro Borletti, habitual campión da liga nacional. En 1947 o equipo fusionaríase precisamente co equipo da fábrica Borletti, dando como resultado a creación dun novo club co nome de Olimpia. Con todo, os dirixentes do club decidiron manter, pese á fusión, a data de fundación en 1936, co que os títulos acadados polo Dopolavoro en solitario pasaron a figurar nas vitrinas do Olimpia.

Bogoncelli, coa súa visión de negocio, conseguiu que Borletti patrocinase ao equipo, sendo o primeiro patrocinador dun club deportivo da historia do deporte italiano, comezando unha etapa de profesionalización e recrutando aos mellores xogadores do país. Ademais disto comezou a traballar con novos xogadores dende os seus anos mozos. Algúns dos xogadores máis importantes desta época foron Cesare Rubini, Romeo Romanutti e Sergio Stefanini. Así, entre 1949 e 1954 a Olimpia lograba cinco ligas consecutivas. En 1956 produciríase o asentamento definitivo do equipo coa chegada dun novo patrocinador, Simmenthal. Co cambio chegaron dous novos xogadores, Adolfo Bogoncelli e Alfonso Sada, creando a un dos equipos míticos do deporte italiano: o Scarpette Rosse.

Salto a Europa

[editar | editar a fonte]
Bill Bradley

Os xogadores foráneos comezaron a xogar en Italia en 1957, mais isto non supuxo un troco na longa traxectoria de éxitos do Milano, que continuou a gañar a Lega con xogadores como Nane Vianello, Sandro Riminucci ou Pieri. Durante ás décadas de 1960 e 1970 tres equipos competiron pola supremacía do baloncesto europeo, o Olimpia Milano, o Ignis Varese e o Real Madrid. O Pallacanestro Varese e a Olimpia eran grandes rivais, separando tan só as cidades de Varese e Milán corenta quilómetros.

En 1966 a Olimpia conseguiría o seu primeiro título de campión de Europa. O partido, disputado en Boloña, enfrontaba o equipo de Milán fronte ao checoslovaco Slavia de Praga de Jiri Zidek. O Milán nesta época tivo a fortuna de contar con Bill Bradley (xogador dos New York Knicks durante os anos 1970, os cales retiraron o seu dorsal a modo de homenaxe) como estranxeiro só para a competición europea, xa que estudaba ao mesmo tempo en Oxford. Bradley formou unha coñecida parella de xogadores xunto a Duane "Skip" Thoren. Así, a Olimpia sumouse ao Real Madrid como principais referencias ante os equipos soviéticos. Un ano despois do título, en 1967, xogarían de novo a final, precisamente contra o Madrid, mais perdendo esta vez por 91-83.

Caída e rexurdimento

[editar | editar a fonte]

Aínda que o Milano era habitualmente o campión da liga italiana non foi capaz de chegar gañar a prestixiosa Copa de Europa, a cal conseguiu durante os anos 1970 o Ignis Varese até en cinco ocasións despois de xogar dez finais consecutivas. A finais dos anos 1970, a calidade do seu xogo descendeu notablemente, con todo, o Olimpia aínda foi capaz de gañar unha Recopa de Europa. Na segunda metade desta década o club aínda seguiu contratando coñecidos xogadores como os xemelgos Boselli, Mike Silvester e Mike D'Antoni. Finalmente, o adestrados estadounidense Dan Peterson e un novo patrocinador levaron de volta a fama ao club, polo que en 1980 a familia Gabetti adquire o equipo. Un ano despois, chega ao club un xogador considerado un dos mellores europeos da historia, Dino Meneghin, chegando con el outros coñecidos xogadores como John Gianelli, Roberto Premier, Bob McAdoo, Joe Barry Carroll, Russ Schoene, Antoine Carr ou Mike Brown.

Durante os anos 1980, clasificáronse para nove finais da Lega, das cales gañaron cinco. O ano máis histórico para o club foi 1987 xa que o equipo gaña a Euroliga (que tamén gaña ao ano seguinte, 1988, ambas contra o Maccabi Tel Aviv), a LEGA Serie A, a Copa de Italia e a Copa Intercontinental, conseguindo o equipo a Tripla Coroa e mesmo a aínda menos habitual Cuádrupla Coroa.

Durante os anos 1990, liderados polo base serbio Saša Đorđević, o club gaña a súa segunda Copa Korać en 1993. Bepi Stefanel mercou o club en 1994, asinando a coñecidos xogadores como Dejan Bodiroga, Gregor Fučka, Sandro De Pol e Nando Gentile. En 1996, coincidindo co sesenta aniversario do club, o equipo gaña a Copa de Italia e o seu vixésimo quinto campionato de liga. Dende 1998 a 2004 o club tivo múltiples donos, incluíndo a Warren Kidd, Hugo Sconochini, Claudio Coldebella e Petar Naumoski. Porén, os actuais propietarios dende 2004 son o modisto Giorgio Armani, o xogador da NBA Kobe Bryant, Adriano Galliani (director do club de fútbol A.C. Milan), Massimo Moratti (presidente do club de fútbol Internazionale).

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]

As cores do Olimpia Milano son o branco e o vermello. Normalmente o primeiro equipamento é de pantalón e camiseta branca con detalles vermellos. O segundo equipamento consiste nun pantalón e camiseta vermella con detalles brancos. A través dos anos, por mor de razóns de patrocinio, os deseños do equipamento, así como o nome do equipo trocaron. Así o Olimpia Milano foi coñecido ao longo de tempo como:[1]

  • Borletti (1936–55)
  • Simmenthal (1955–73)
  • Innocenti (1973–75)
  • Cinzano (1975–78)
  • Billy (1978–83)
  • Simac (1983–86)
  • Tracer (1986–88)
  • Philips (1988–93)
  • Recoaro (1993–94)
  • Stefanel (1994–98)
  • Sony (1998–99)
  • Adecco (1999–02)
  • Pippo (2002–03)
  • Breil (2003–04)
  • Armani Jeans (2004–11)
  • EA7 Emporio Armani (2011–2018)
  • AX Armani Exchange (2018–2022)
  • EA7 Emporio Armani (2022−presente)

Xogadores

[editar | editar a fonte]
EA7 Emporio Armani Milano 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Idade
P 0 Davies, Brandon 2,08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) 33 anos − 01991-07-25 25 de xullo de 1991
AP 1 Thomas, Deshaun 2,01 m (6 ft 7 in) 104 kg (229 lb) 33 anos − 01991-08-29 29 de agosto de 1991
B 3 Mitrou-Long, Naz 1,91 m (6 ft 3 in) 99 kg (218 lb) 31 anos − 01993-08-03 3 de agosto de 1993
B 5 Pangos, Kevin 1,85 m (6 ft 1 in) 81 kg (179 lb) 31 anos − 01993-01-26 26 de xaneiro de 1993
B 7 Italia Tonut, Stefano 1,94 m (6 ft 4 in) 100 kg (220 lb) 31 anos − 01993-11-07 7 de novembro de 1993
AP 9 Italia Melli, Nicolò (C) 2,05 m (6 ft 9 in) 110 kg (243 lb) 33 anos − 01991-01-26 26 de xaneiro de 1991
E 12 Baron, Billy 1,88 m (6 ft 2 in) 88 kg (194 lb) 33 anos − 01990-12-11 11 de decembro de 1990
AP 17 Italia Ricci, Giampaolo 2,02 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb) 33 anos − 01991-09-27 27 de setembro de 1991
P 19 Italia Biligha, Paul 2,00 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) 34 anos − 01990-05-31 31 de maio de 1990
E 22 Hall, Devon 1,96 m (6 ft 5 in) 86 kg (190 lb) 29 anos − 01995-07-07 7 de xullo de 1995
E 25 Italia Baldasso, Tommaso 1,92 m (6 ft 4 in) 80 kg (176 lb) 26 anos − 01998-01-29 29 de xaneiro de 1998
A 31 Dinamarca Shields, Shavon 2,01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) 30 anos − 01994-06-05 5 de xuño de 1994
A 40 Italia Alviti, Davide 2,00 m (6 ft 7 in) 88 kg (194 lb) 28 anos − 01996-11-05 5 de novembro de 1996
P 42 Hines, Kyle 1,98 m (6 ft 6 in) 115 kg (254 lb) 38 anos − 01986-09-02 2 de setembro de 1986
AP 70 Italia Datome, Luigi 2,03 m (6 ft 8 in) 101 kg (223 lb) 36 anos − 01987-11-27 27 de novembro de 1987
Adestrador
Italia Ettore Messina
Asistente(s)
Italia Mario Fioretti
Italia Stefano Bizzozero

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 16−082022

Destacados

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais

[editar | editar a fonte]

Euroliga

  • Campións (3): 1966, 1987, 1988
  • Subcampións (2): 1967, 1983

Copa Saporta

  • Campións (3): 1971, 1972, 1986
  • Subcampións (2): 1984, 1998

Copa Korać

  • Campións (2): 1985, 1993
  • Subcampións (2): 1995, 1996

Copa Intercontinental da FIBA

  • Campións (1): 1987

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]

Liga de Italia

  • Campións (29): 1936, 1937, 1938, 1939, 1950, 1951, 1952, 1953, 1954, 1957, 1958, 1959, 1960, 1962, 1963, 1965, 1966, 1967, 1972, 1982, 1985, 1986, 1987, 1989, 1996, 2014, 2016, 2018, 2022
  • Subcampións (18): 1934, 1941, 1956, 1964, 1969, 1970, 1971, 1973, 1974, 1979, 1983, 1984, 1988, 1991, 2005, 2009, 2010, 2012

Copa de Italia

  • Campións (8): 1972, 1986, 1986, 1996, 2016, 2017, 2021, 2022
  • Subcampións (2): 1970, 2015

Supercopa de Italia

  • Campións (4): 2016, 2017, 2018, 2020
  • Subcampións (3): 1996, 2014, 2015, 2021

Partidos fronte equipos da NBA

[editar | editar a fonte]
6 de outubro de 2015 Boston Celtics 124–91 Italia Olimpia Milano Italia Mediolanum Forum, Milán
  1. "Lega A. Historia de Olimpia Milano". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2010. Consultado o 08 de xuño de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]