Jimmy Butler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jimmy Butler
Miami Heat – No. 22
Posición Escolta / Ala
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 14 de setembro de 1989 (34 anos)
Houston, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 107 kg (236 lb)
Información da carreira
Instituto Tomball (Tomball, Texas)
Universidade Tyler JC (2007–2008)
Marquette (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 30
Por Chicago Bulls
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Chicago Bulls (2011–2017)
Minnesota Timberwolves (2017–2018)
Philadelphia 76ers (2018–2019)
Miami Heat (2019–presente)
Información en nba.com

Jimmy Butler III, nado o 14 de setembro de 1989 en Houston, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Butler foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Chicago Bulls. O 9 de decembro de 2011, asinou o seu contrato de rookie cos Bulls.[1] Na súa primeira tempada na liga, acurtada polo lockout, xogou 42 partidos nos que fixo 2.6 puntos e 1.3 rebotes por encontro.

O 22 de xuño de 2017, Butler foi traspasado xunto os dereitos de Justin Patton ós Minnesota Timberwolves, a cambio de Kris Dunn, Zach LaVine e os dereitos de Lauri Markkanen.[2]

O 12 de novembro de 2018, Butler foi traspasado xunto a Justin Patton ós Philadelphia 76ers a cambio de Jerryd Bayless, Robert Covington, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022.[3]

O 6 de xullo de 2019, Butler asinou cos Miami Heat nun traspaso entre catro equipos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bulls sign rookie guard Jimmy Butler". Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  2. "Bulls acquire Dunn, LaVine and Markkanen from Minnesota". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  3. "Team Acquires Four-Time All-Star Jimmy Butler". NBA.com. 12 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  4. "HEAT Acquire Butler And Leonard". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]