Tyler Honeycutt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tyler Honeycutt
Tyler Honeycutt UCLA cropped.jpg
Khimki  – No. 33
Ala
Información persoal
Nacemento 15 de xullo de 1990 (25 anos)
California Sylmar, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 85 kg (188 lb)
Información da carreira
Instituto Sylmar (California)
Universidade UCLA
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 35

Por Sacramento Kings

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Sacramento Kings (2011-2013)
Reno Bighorns (2012) D-League
Rio Grande Valley Vipers (2013) D-League
Ironi Nes Ziona (2013–2014) ha'Al
Khimki (2014–presente) VTB

Tyler Deon Honeycutt, nado o 15 de xullo de 1990 en Sylmar, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Khimki da VTB United League.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Honeycutt foi pronto considerado coma un dos 10 mellores aleiros do país, tras chegar do Sylmar High School. No seu primeiro ano en UCLA, xogou 26 partidos, 18 de titular, e liderou ao equipo en rebotes capturados, con 6.5 por partido. Foi nomeado no equipo All-Pac 10 de xogadores de primeiro ano universitario. No seu ano coma sophomore, mellorou significativamente, nomeado MVP, no primeiro equipo do All-Pac 10, e liderou a conferencia en tapóns, con 2.1 por partido.[1] Declarouse elixible para o Draft da NBA ese mesmo ano.[2]

NBA[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Honeycutt foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings.[3] Xogou o seu primeiro partido na NBA o 31 de decembro de 2011 contra os New York Knicks, e anotou 2 puntos en catro minutos de xogo.[4] O 1 de xaneiro de 2012, Honeycutt foi asignado aos Reno Bighorns da NBA D-League.[5] Foi chamado de volta polos Kings o 24 de xaneiro.[6]

O 20 de febreiro de 2013, Honeycutt foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Francisco García e Thomas Robinson a cambio de Cole Aldrich, Patrick Patterson e Toney Douglas.[7] Foi cortado polos Rockets o 5 de marzo de 2013.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://ucla.ocregister.com/2011/04/12/ucla-basketball-lee-honeycutt-nelson-team-mvps/31613/
  2. Brennan, Eamonn (25 de abril de 2011). "Final exam: Grading the goners". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2011. 
  3. Maya, Adam (24 de xuño de 2011). "What were UCLA's Honeycutt, Lee thinking?". The Orange County Register. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2012. 
  4. Ham, James (31 de decembro de 2011). "Notebook: Knicks 114, Kings 92". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2012. 
  5. SACRAMENTO KINGS ASSIGN HONEYCUTT, WHITESIDE TO BIGHORNS
  6. "Kings recall Tyler Honeycutt from D-league". Associated Press. 24 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. 
  7. "Kings Complete Multiplayer Trade". NBA.com. 20 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  8. "He's Back - Rockets Sign Free Agent Aaron Brooks". NBA.com. 5 de marzo de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]