Reggie Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Reggie Jackson
Reggie Jackson (37774080636) (cropped).jpg
Los Angeles Clippers – No. 1
Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 16 de abril de 1990 (30 anos)
Flag of Italy.svg Pordenone, Italia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 94 kg (208 lb)
Información da carreira
Instituto Palmer (Colorado Springs, Colorado)
Universidade Boston College (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 24

Por Oklahoma City Thunder

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Oklahoma City Thunder (2011–2015)
Tulsa 66ers (2012)
Detroit Pistons (2015–2020)
Los Angeles Clippers (2020–presente)
Información en nba.com

Reginald Shon "Reggie" Jackson, nado o 16 de abril de 1990 en Pordenone, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Jackson foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Oklahoma City Thunder.[1] Na súa primeira tempada na NBA, tan só xogou 11.1 minutos por partido en 45 encontros, sendo o terceiro base por detrás de Russell Westbrook e Eric Maynor. Anotou algo máis de tres puntos por partido, pero as súas porcentaxes foron moi baixas, un 32% en tiros de campo, e un 21% en triplas. Nos playoffs de 2012, onde os Thunder perderon nas Finais da NBA contra os Miami Heat por 4-1, Jackson non participou en ningún dos 20 partidos.

O 19 de febreiro de 2015, Jackson foi traspasado ós Detroit Pistons nun traspaso entre os Thunder, os Pistons e os Utah Jazz.[2]

O 20 de febreiro de 2020, Jackson asinou cos Los Angeles Clippers.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  2. "Detroit Pistons Acquire Guard Reggie Jackson". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  3. "L.A. Clippers Sign Guard Reggie Jackson". NBA.com. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]