MarShon Brooks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marshon Brooks
MarShon Brooks cropped.jpg
Axente libre
Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 26 de xaneiro de 1989 (30 anos)
Flag of New Jersey.svg Long Branch, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Tucker (Tucker, Georgia)
Universidade Providence (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 25

Por Boston Celtics

Carreira dende 2011
Historial de equipos
New Jersey / Brooklyn Nets (2011–2013)
Boston Celtics (2013–2014)
Maine Red Claws (2014)
Golden State Warriors (2014)
Santa Cruz Warriors (2014)
Los Angeles Lakers (2014)
Olimpia Milano (2014–2015)
Jiangsu Dragons (2015–2018)
Memphis Grizzlies (2018–2019)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2012)
Información en nba.com

MarShon Scitif Brooks, nado o 26 de xaneiro de 1989 en Long Branch, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

New Jersey / Brooklyn Nets[editar | editar a fonte]

Brooks foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Boston Celtics. Os Celtics traspasaron a Brooks aos New Jersey Nets a cambio da 27ª posición do Draft de 2011, JaJuan Johnson, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2014. Asinou o seu contrato polos Nets o 9 de decembro de 2011.

Boston Celtics[editar | editar a fonte]

Brooks foi traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013 como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.[1]

O 1 de xaneiro de 2014, foi asignado ós Maine Red Claws da NBA Development League.[2] O 9 de xaneiro foi chamado de volta polos Celtics.[3]

Golden State Warriors[editar | editar a fonte]

O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Brooks e a Jordan Crawford ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.[4]

Los Angeles Lakers[editar | editar a fonte]

O 19 de febreiro de 2014, Brooks foi traspasado xunto a Kent Bazemore ós Los Angeles Lakers, a cambio de Steve Blake.[5]

En xullo de 2014, Brooks uniuse ós Sacramento Kings para a Liga de Verán da NBA de 2014.[6]

Olimpia Milano[editar | editar a fonte]

O 8 de agosto de 2014, Brooks asinou un contrato dun ano co Emporio Armani Milano da Lega Basket Serie A.[7][8]

Volta á NBA[editar | editar a fonte]

O 3 de xaneiro de 2019, Brooks foi traspasado ós Chicago Bulls xunto Wayne Selden Jr. e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Justin Holiday.[9] Foi cortado o 7 de xaneiro polos Bulls sen chegar a debutar.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  2. "Celtics assign MarShon Brooks to D-League". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2014. 
  3. "Celtics recall MarShon Brooks from D-League". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2014. 
  4. "HEAT Trade Joel Anthony in Exchange for Toney Douglas". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 
  5. "Lakers Acquire Bazemore and Brooks". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  6. "Kings to Hold Mini-Camp in Las Vegas Prior to 2014 Samsung NBA Summer League". NBA.com. Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  7. "Olimpia, arriva MarShon Brooks". olimpiamilano.com (en Italian). Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  8. "EA7 Milan brings aboard scorer Brooks". euroleague.net. Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  9. "Memphis Grizzlies acquire Justin Holiday from Chicago Bulls". NBA.com. 3 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2019. 
  10. "Bulls complete trade with Rockets". NBA.com. 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]