Saltar ao contido

Jan Veselý

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJan Veselý

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1990 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Ostrava, República Checa Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso110 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaRepública Checa Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor en Wikidata
Convocado porWashington Wizards Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2008 KD Slovan
2008–2011 KK Partizan
2009–   Seleção Checa de Basquetebol
2011–2014 Washington Wizards
2014–2014 Denver Nuggets
2014–2022 Fenerbahçe S.K. (baloncesto)
2022– FC Barcelona Bàsquet
Participou en
2021Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) Traducir (9º)
2015Campionato europeo de baloncesto de 2015
2013Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2013 Editar o valor en Wikidata

Sitio web24janvesely.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2989914 Facebook: 24janvesely Twitter: JanVesely24 Editar o valor en Wikidata

Jan Veselý, nado o 24 de abril de 1990 en Ostrava, Moravia-Silesia, é un xogador checo de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veselý comezou xogando nas categorías inferiores do Příbor e do BK Snakes Ostrava na República Checa. Fichou polo Geoplin Slovan en 2007. En 2008, foise ao Partizan de Belgrado, onde gañou nove trofeos,[1] e chegou á Final Four da Euroliga na tempada 2009-10. En 2010, déronlle o galardón da FIBA ao mellor xogador xove do ano en Europa.

Veselý foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Washington Wizards.[2] O 9 de abril de 2012, conseguiu o primeiro dobre-dobre da súa carreira, rematando o partido con 11 puntos e 11 rebotes na vitoria contra os Charlotte Bobcats. Na súa primeira tempada na NBA, Veselý acadou 4.7 puntos e 4.4 rebotes en 18.9 minutos por partido.

O 20 de febreiro de 2014, Veselý foi traspasado ós Denver Nuggets nun traspaso entre tres equipos.[3]

Volta a Europa

[editar | editar a fonte]

O 5 de agosto de 2014, Veselý asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe Ülker,[4] club onde finalmente permanece até 2022. Co club turco consegue ser campión da Euroliga en 2019 e MVP da competición en 2017. En 2022 asina polo FC Barcelona da Liga ACB.

  1. Mondo: Pitajte Jana Veselog (10 de xuño de 2011)
  2. "Irving goes No. 1 to Cleveland". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 31 de maio de 2012. 
  3. Denver Nuggets Acquire Jan Vesely From Washington
  4. "Fenerbahce Ulker lands high flier Vesely". Euroleague.net. 5 de agosto de 2014. Consultado o 6 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]