Kyle Singler
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1988 (34 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Instituto | South Medford (Medford, Oregón) |
Universidade | Duke (2007–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 2 / Elección: 33 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
CB Lucentum Alicante (2011) Real Madrid (2011–2012) Detroit Pistons (2012–2015) Oklahoma City Thunder (2015–2018) Obradoiro (2018–2019) Canarias (2019) |
Kyle Edward Singler, nado en Medford, Oregón, o 4 de maio de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Singler foi elixido na 33ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Detroit Pistons.[1] En agosto de 2011, asinou polo CB Lucentum Alicante ata o remate do lockout da NBA de 2011.[2]
No seu debut na Liga ACB, gañou o premio ó mellor xogador da primeira xornada con 23 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias. En dez partidos co Lucentum Alicante, Singler axudou a gañar 7 partidos, acadando 14.4 puntos, 3.4 rebotes e 1.1 roubos por encontro, liderando ó equipo en anotación.
Tras o remate do lockout, Singler escolleu a súa opción de deixar o club, e elixiu fichar polo Real Madrid tras un acordo entre os dous equipos.[3] Singler axudou ó Real Madrid a gañar a Copa do Rei na tempada 2011-12, tras vencer ó FC Barcelona.[4]
O 11 de xullo de 2012, Singler asinou un contrato de varios anos cos Detroit Pistons.[5] Ó remate da tempada 2012-13, foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da NBA tras facer 8.8 puntos e 4.0 rebotes por encontro en 82 partidos.
O 19 de febreiro de 2015, Singler foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre os Pistons, os Thunder e os Utah Jazz.[6]
O 30 de setembro de 2018, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada co Obradoiro CAB da Liga ACB.[7]
O 27 de xullo de 2019, Singler asinou un contrato por unha tempada co Iberostar Tenerife da Liga ACB.[8] O 17 de outubro de 2019, Singler e o Canarias acordaron a rescisión do contrato despois da decisión do xogador de deixar o baloncesto en activo por motivos persoais.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2011. Consultado o 05 de setembro de 2018.
- ↑ "Lucentum Alicante announces rookie Kyle Singler". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 16 de maio de 2013.
- ↑ "Lucentum Alicante traspasa los derechos de Kyle Singler al Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2013.
- ↑ "Singler and Pocius help Real Madrid to Copa del Rey title". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2014. Consultado o 16 de maio de 2013.
- ↑ Detroit Pistons Sign Forward Kyle Singler
- ↑ "Thunder Acquires Kanter, Novak, Augustin, Singler and Draft Pick". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ "El Monbus Obradoiro ficha a Kyle Singler". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 30 de setembro de 2018.
- ↑ El Iberostar Tenerife ficha a Kyle Singler
- ↑ El CB Canarias y Kyle Singler acuerdan su desvinculación
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Nados en 1988
- Nados no condado de Jackson, Oregón
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Alas de baloncesto
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Xogadores do CB Lucentum Alicante
- Xogadores do Real Madrid Baloncesto
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores do Obradoiro CAB
- Xogadores do CB Canarias