Tristan Thompson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tristan Thompson
Tristan Thompson (48885525837).jpg
Sacramento Kings – No. 13
Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 13 de marzo de 1991 (30 anos)
Ontario Brampton, Ontario
Nacionalidade Flag of Canada.svg Canadá
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 115 kg (254 lb)
Información da carreira
Universidade Texas (2010–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 4

Por Cleveland Cavaliers

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2011−2020)
Boston Celtics (2020−2021)
Sacramento Kings (2021−presente)
Premios e galardóns
Campión NBA (2016)
2º Equipo de Rookies NBA (2012)

Tristan Trevor James Thompson, nado o 13 de marzo de 1991 en Brampton, Ontario, Canadá, é un xogador canadense de baloncesto profesional que actualmente xoga para os Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Thompson foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Cleveland Cavaliers. O 9 de decembro asinou o seu contrato cos Cavaliers. Thompson fixo o seu debut coma profesional contra o equipo da súa cidade natal, os Toronto Raptors, o 26 de decembro de 2011. Xogou 17 minutos comezando coma suplente, nos cales anotou 12 puntos e capturou 5 rebotes. Thompson e o seu compañeiro de equipo Kyrie Irving foron elixidos para xogar o Rising Stars Challenge de 2012. Porén, Thompson xogou para o Team Shaq, e Irving para o Team Chuck. Thompson liderou ó Team Shaq con 20 puntos anotados. Na súa tempada coma rookie, fixo unha media de 8,2 puntos e 6,5 rebotes en 23,7 minutos por partido. Foi incluído no segundo equipo de Rookies da NBA, converténdose no primeiro xogador canadense en estar nun dos mellores equipos de rookies ao remate da tempada.

O 30 de novembro de 2020, Thompson asinou cos Boston Celtics.[1]

O 7 de agosto de 2021, Thompson foi traspasado ós Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Atlanta Hawks.[2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Celtics Sign Jeff Teague, Tristan Thompson". nba.com/celtics. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  2. "Kings Acquire Tristan Thompson". NBA.com. 7 de agosto de 2021.