Iman Shumpert
![]() | |
Brooklyn Nets – No. 21 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 26 de xuño de 1990 (32 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Oak Park and River Forest (Oak Park, Illinois) |
Universidade | Georgia Tech (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 17 Por New York Knicks |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
New York Knicks (2011–2015) Cleveland Cavaliers (2015–2018) Sacramento Kings (2018–2019) Houston Rockets (2019) Brooklyn Nets (2019; 2021–presente) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión NBA (2016) 1º Equipo de Rookies NBA (2012) |
Iman Asante Shumpert, nado o 26 de xuño de 1990 en Oak Park, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Shumpert foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2011 polos New York Knicks. Shumpert rematou na quinta posición na votación ó Rookie do Ano da NBA de 2012, tras facer 9.5 puntos, 3.2 rebotes e 2.8 asistencias por encontro.
O 5 de xaneiro de 2015, Shumpert foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre os Knicks, os Cavaliers e os Oklahoma City Thunder.[1]
O 8 de febreiro de 2018, Shumpert foi traspasado ós Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos que incluíu tamén ós Cavaliers e ós Utah Jazz.[2]
O 7 de febreiro de 2019, Shumpert foi traspasado xunto a Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[3]
O 13 de novembro de 2019, Shumpert asinou cos Brooklyn Nets.[4] O 12 de decembro de 2019, foi cortado polos Nets.[5]
O 30 de xaneiro de 2021, Shumpert asinou de novo cos Brooklyn Nets,[6] onde xogou un partido antes de ser cortado.[7] O 26 de febreiro de 2021, asinou un contrato de dez días cos Nets.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cavs Acquire Shumpert and Smith in Three-Team Trade". NBA.com. 5 de xaneiro de 2015. Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Kings Acquire Iman Shumpert, Joe Johnson, 2020 Second-Round Draft Selection, Rights to Dimitrios Agravanis and Cash Considerations in Three-Team Trade". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ "Shumpert headed to Rockets in three-team deal". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Brooklyn Nets Sign Iman Shumpert". NBA.com. 13 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ "Brooklyn Nets Waive Iman Shumpert". NBA.com. 12 de decembro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "Brooklyn Nets sign Iman Shumpert". NBA.com. 30 de xaneiro de 2021. Consultado o 30 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Brooklyn Nets Waive Three Players". NBA.com. 23 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ "Brooklyn Nets Sign Andre Roberson and Iman Shumpert to 10-day Contracts". NBA.com. 26 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de febreiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Nados en 1990
- Nados en Oak Park, Illinois
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Brooklyn Nets