Jason Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jason Smith
Jasonsmithsixers cropped.JPG
New Orleans Pelicans
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 2 de marzo de 1986 (33 anos)
Flag of Colorado.svg Greeley, Colorado
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Instituto Platte Valley (Kersey, Colorado)
Universidade Colorado State (2004–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 20

Por Miami Heat

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2007–2010)
New Orleans Hornets/Pelicans (2010–2014)
New York Knicks (2014–2015)
Orlando Magic (2015–2016)
Washington Wizards (2016–2018)
Milwaukee Bucks (2018–2019)
New Orleans Pelicans (2019–presente)

Jason Victor Smith, nado o 2 de marzo de 1986 en Kersey, Colorado, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA). Antes de ser profesional xogou para a Universidade de Colorado State.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Smith foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Miami Heat, pero foi traspasado na noite do Draft, o 28 de xuño de 2007, aos Philadelphia 76ers a cambio do escolta Daequan Cook. Smith xogou nove partidos na liga de verán, acadando 9.9 puntos, 6.0 rebotes e 1.0 asistencias en 26.1 minutos de xogo por partido. O 8 de agosto de 2008, o mánager xeral do Sixers anunciou que Smith se rompera o ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo nun adestramento dos Sixers en Las Vegas.[1]

Smith foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto a Willie Green a cambio de Darius Songaila e o rookie Craig Bracking, o 23 de setembro de 2010.[2] O 1 de febreiro de 2011, Smith conseguiu a maior marca de anotación da súa carreira, con 20 puntos contra os Washington Wizards.

O 7 de febreiro de 2019, Smith foi traspasado xunto a Stanley Johnson e catro futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Thon Maker ós Detroit Pistons, e a Nikola Mirotić ós Milwaukee Bucks.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]