Alec Burks
![]() | |
Miami Heat – No. 18 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 20 de xullo de 1991 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 97 kg (214 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Grandview (Grandview, Missouri) |
Universidade | Colorado (2009–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 12 Por Utah Jazz |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Utah Jazz (2011–2018) → Salt Lake City Stars (2017) Cleveland Cavaliers (2018–2019) Sacramento Kings (2019) Golden State Warriors (2019–2020) Philadelphia 76ers (2020) New York Knicks (2020–2022) Detroit Pistons (2022–2024) New York Knicks (2024) Miami Heat (2024–presente) |
Alec Burks, nado o 20 de xullo de 1991 en Grandview, Missouri, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 23 de xuño de 2011, Burks foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Utah Jazz, xunto a Enes Kanter.[1] Asinou o seu contrato cos Jazz o 9 de decembro de 2011.[2]
O 29 de novembro de 2018, Burks foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyle Korver.[3]
O 7 de febreiro de 2019, Burks foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets.[4]
O 6 de febreiro de 2020, Burks foi traspasado xunto a Glenn Robinson III ós Philadelphia 76ers, a cambio de tres eleccións da segunda rolda do Draft.[5]
O 22 de novembro de 2020, Burks asinou cos New York Knicks.[6]
O 11 de xullo de 2022, Burks foi traspasado xunto a Nerlens Noel ós Detroit Pistons a cambio dos dereitos do Draft de Nikola Radičević e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025.[7]
O 8 de febreiro de 2024, os Pistons traspasaron a Burks xunto a Bojan Bogdanović ós New York Knicks, a cambio de Evan Fournier, Ryan Arcidiacono, Malachi Flynn, Quentin Grimes e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jazz Selects Enes Kanter and Alec Burks in 2011 NBA Draft". NBA.com. 23 de xuño de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2011.
- ↑ "Jazz Signs 2011 Lottery Picks". NBA.com. 9 de decembro de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2011.
- ↑ "Cavaliers Acquire Alec Burks and Two Future Second Round Picks from Utah". NBA.com. 29 de novembro de 2018. Consultado o 29 de novembro de 2018.
- ↑ "Shumpert headed to Rockets in three-team deal". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Team Acquires Burks, Robinson III". NBA.com. 6 de febreiro de 2020.
- ↑ "Knicks Sign Alec Burks". NBA.com. 22 de novembro de 2020.
- ↑ "Detroit Pistons acquire Alec Burks, Nerlens Noel, draft picks and cash considerations". NBA.com. 11 de xullo de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "DETROIT PISTONS ACQUIRE QUENTIN GRIMES, EVAN FOURNIER, MALACHI FLYNN, RYAN ARCIDIACONO, TWO FUTURE SECOND ROUND DRAFT PICKS AND CASH CONSIDERATIONS FROM NEW YORK". NBA.com. 8 de febreiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1991
- Nados en Missouri
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Detroit Pistons