DeAndre Liggins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DeAndre Liggins
DeAndre Liggins in college.jpg
Axente libre
Escolta
Información persoal
Nacemento 31 de marzo de 1988 (29 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Findlay Prep (Henderson, Nevada)
Universidade Kentucky (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 53

Por Orlando Magic

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Orlando Magic (2011–2012)
Oklahoma City Thunder (2012–2013)
Tulsa 66ers (2012–2013)
Sioux Falls Skyforce (2013–2014)
Miami Heat (2014)
Sioux Falls Skyforce (2014)
Krasny Oktyabr (2014–2015)
Eisbären Bremerhaven (2015)
Sioux Falls Skyforce (2015–2016)
Cleveland Cavaliers (2016–2017)
Dallas Mavericks (2017)
Información en nba.com

DeAndre Desmond Liggins, nado o 31 de marzo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Liggins xogou tres anos para a Universidade de Kentucky. Pasou os seus dous primeiros anos saíndo case sempre dende o banco, pero no seu ano coma júnior, o adestrador John Calipari decidiu poñelo de titular. O remate da tempada, Liggins declarouse elixible para o Draft da NBA de 2011.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Liggins foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Orlando Magic.[1] Fixo o seu debut na NBA para Orlando nun partido fóra da casa contra os Milwaukee Bucks, onde conseguiu 3 puntos en 10 minutos de xogo.[2]

O 12 de setembro de 2012, asinou cos Oklahoma City Thunder.[3] Durante a tempada 2012-13, foi asignado en varias ocasións ós Tulsa 66ers, afiliado dos Thunder na NBA Development League.[4] O 6 de setembro de 2013, foi cortado polos Thunder.[5]

O 25 de febreiro de 2014, Liggins asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]