Kemba Walker
![]() | |
AS Monaco Basket – No. 15 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1990 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
Peso oficial | 83 kg (184 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Instituto | Rice (Nova York) |
Universidade | Connecticut (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 9 Por Charlotte Bobcats |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Charlotte Bobcats / Hornets (2011–2019) Boston Celtics (2019–2021) New York Knicks (2021–2022) Dallas Mavericks (2022–2023) AS Monaco (2023–presente) | |
Premios e galardóns | |
4× NBA All-Star (2017–2020) |
Kemba Hudley Walker, nado o 8 de maio de 1990 en Bronx, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no AS Monaco Basket da LNB Pro A francesa.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 23 de xuño de 2011, Walker foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Charlotte Bobcats.[1] O 11 de decembro de 2011, asinou o seu contrato coma rookie cos Bobcats,[2] e coa lesión do base D.J. Augustin, converteuse no seu base titular. O 28 de xaneiro de 2012, conseguiu a súa primeira tripla-dobre, con 20 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes, uníndose a Boris Diaw e a Stephen Jackson coma os únicos en conseguir un na historia dos Bobcats.[3] Walker participou no Rising Stars Challenge de 2012 durante o All-Star Weekend da NBA.
O 6 de xullo de 2019, Walker asinou cos Boston Celtics.[4] O 18 de xuño de 2021, Walker foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2021 e outra da segunda rolda de 2025 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Al Horford, Moses Brown e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[5] Walker foi cortado polos Thunder o 6 de agosto de 2021.[6]
O 18 de xuño de 2021, Walker foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2021 e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025, a cambio de Al Horford, Moses Brown e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[7] O 6 de agosto de 2021, Walker foi cortado polos Thunder,[8] e cinco días máis tarde asinou cos New York Knicks.[9]
O 6 de xullo de 2022, Walker foi traspasado xunto a Jalen Duren ós Detroit Pistons a cambio de catro futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[10] O 17 de outubro de 2022, foi cortado polos Pistons sen chegar a debutar en partido oficial.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sources: Kemba Walker going pro". ESPN.com. 12 de abril de 2011. Consultado o 12 de abril de 2011.
- ↑ "Charlotte Bobcats Sign Guard Kemba Walker". NBA.com. 2011-12-11. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 2011-12-12.
- ↑ "JaVale McGee scores 22, adds 10 boards to guide Wizards past Bobcats again". ESPN.com. 2012-01-28. Consultado o 2012-01-29.
- ↑ "Celtics Acquire Three-Time All-Star Kemba Walker". NBA.com. Consultado o 2019-07-07.
- ↑ "Thunder Acquires Kemba Walker, 2021 First-Round Draft Pick and 2025 Second-Round Pick". NBA.com. 18 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021.
- ↑ "Thunder Waives Kemba Walker". NBA.com. 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Thunder Acquires Kemba Walker, 2021 First-Round Draft Pick and 2025 Second-Round Pick". NBA.com. 18 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021.
- ↑ "Thunder Waives Kemba Walker". NBA.com. 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Knicks Sign Kemba Walker". NBA.com. 11 de agosto de 2021.
- ↑ "Knicks Acquire Future First Round Draft Pick". NBA.com. 6 de xullo de 2022.
- ↑ Sankofa II, Omari (17 de outubro de 2022). "Detroit Pistons waive veteran guard Kemba Walker, costing them $9.2 million". Detroit Free Press. Consultado o 23 de outubro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 25 de marzo de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1990
- Nados en Nova York
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Charlotte Hornets
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores do AS Monaco Basket