Sitapha Savané
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1978 (44 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 103 kg (227 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | UN International School |
Universidade | Navy (1997–2000) |
NBA Draft | 2000 / Rolda: Non drafteado |
Carreira | 2000−2018 |
Historial de equipos | |
Menorca Bàsquet (2000−2001) Tenerife CB (2001−2004) CB Gran Canaria (2004−2012) Joventut Badalona (2012−2015) CB Gran Canaria (2015−2016) CB Estudiantes (2016−2081) |
Sitapha Alfred Savané Sagna, nado en Dakar o 20 de agosto de 1978, é un ex xogador de baloncesto senegalés e español.[1] Foi membro da selección de baloncesto do Senegal. A súa carreira profesional desenvolveuse en España, a maioría dela na Liga ACB.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Savané formouse na Academia Naval da NCAA norteamericana, onde permaneceu tres tempadas. Ó rematar a súa etapa universitaria deu o salto ó baloncesto español, fichando polo Menorca Bàsquet na liga LEB, dende onde pasou ó Tenerife durante tres tempadas, as dúas primeiras na liga LEB e a última en ACB co Unelco Tenerife.[3]
Na tempada 2004-05 ficha polo CB Gran Canaria, club no que fica oito anos seguidos, alcanzando a capitanía do club e varios récords do equipo.[4] Na tempada 2011-12 deslígase do CB Gran Canaria.[5] Unhas semanas máis tarde incorpórase ó Club Joventut de Badalona, tamén na Liga ACB.[6] Pasa tres tempadas no Joventut de Badalona, salientando a campaña 2014-15, onde finalizou en segundo lugar na clasificación de máximo taponador (1,58), ademais ter unha media de nove puntos e tres rebotes por encontro.[7] Ó rematar devandita tempada, non renova o seu contrato e volve ó CB Gran Canaria para a tempada 2015-16.[8] Logo dun ano en Gran Canaria ficha polo Movistar Estudiantes.[9]
Ao remate da tempada 2017-18 anunciou a súa retirada, sendo nese intre o xogador non nado en España que máis partidos xogou na liga ACB.[10] No momento da súa retirada capturou 2015 rebotes na ACB, cun termo medio de 4,13 rexeitamentos por partido, encontrándose entre os 50 xogadores máis reboteadores da Liga.[11] Con 499 tapóns, converteuse no quinto taponador histórico da Liga.[12][13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Duque, Nacho (14 de maio de 2017). "Liga Endesa: Sitapha Savane, uno de los nuestros". Marca.com. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "Sitapha Savané se retira como jugador tras quince temporadas en la ACB". www.efe.com (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "ACB.COM - Taph, un diplomático en la ACB". www.acb.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "Savané se convierte en el máximo anotador histórico del CB Gran Canaria". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 09 de febreiro de 2021.
- ↑ "Me voy pero sigo jugando al basket porque no he perdido la ilusión"
- ↑ "Sitapha Savané: El carisma se viste de verdinegro". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 09 de febreiro de 2021.
- ↑ "Savané regresa al Herbalife". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2021.
- ↑ Sitapha Savané regresa
- ↑ "ACB.COM - Sitapha Savané, experiencia para la pintura de Movistar Estudiantes". www.acb.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2016.
- ↑ Duque, Nacho (16 de maio de 2018). "Sitapha Savané pone punto y final a su carrera en las canchas a los 39 años". Marca.
- ↑ "Históricos: reboteadores en LACB". ACB. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018.
- ↑ "Históricos: tapones en LACB". ACB. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018.
- ↑ "Historial estadístico - Savané, Sitapha". ACB. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2018.