Saltar ao contido

Mateu (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mateu
 Nome orixinal
    Mateu (mul) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 150271
Wikidata C:Commons

Mateu[1][2] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonés[3] e co catalán. De orixe hebraica, quere dicir "agasallo de Deus". Mateu é unha variante moi común en galego, de feito é a única recollida nos dicionarios tradicionais de galego desde o século XIX.[4] En galego tamén admite a variante Mateo.[5]

En xaneiro de 2025 existían 15 varóns en Galicia co nome Mateu, cunha media de idade de 14,7 anos,[6] e 6.318 co nome Mateo, cunha media de idade de 11,8 anos.[7]

Distribución do nome Mateo por concellos

O nome ten as súas orixes no Novo Testamento, a partir do hebraico, polo nome Μαθθαιος[8] e unha transliteración koiné ao arameo polo diminutivo מתי (Mattay, Maty). Do latín Matthæus, a ortografía do inglés "Matthew" vén directamente desde o francés Matthieu (antes Matheu, forma coincidente en galego antigo). En última instancia, o nome deriva do nome מתתיהו (Matatyahu, Mattathias) ou מתיתיהו (Matityahu, Mattithiah), Mateu significa "don de Yahveh". O nome hebraico é tamén deletreado נתניהו. Tamén é relacionado incluír os nomes (Netanyahu, Nethaniah), cambiados e coas sílabas יהונתן (Yehonatan, Jonathan).

Mateu foi un nome común en Galiza. Mateu o Evanxelista é o padroeiro de varias parroquias, incluso é haxiónimo dunha parroquia galega: San Mateo de Oliveira. San Mateo é tamén un lugar da parroquia de Labrada no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá.

San Mateu o Evanxelista. A igrexa católica celebra a súa festa o 21 de setembro; a igrexa ortodoxa faino o 16 de novembro.

[editar | editar a fonte]
  • Polo san Mateu sementa ti e sementarei eu; polo San Miguel semente quen poider; e polo San Luca saca o boi da asuca, en Chantada e Argozón, que en Camba e Deza, inda non.
  • Pregúntalle a Mateu que é tan bo como eu!
  • Pregúntalle a Mateu que mente como eu!
  • San Mateu, vindima ti, vindimarei eu[9].

Outras personalidades

[editar | editar a fonte]

Variantes

[editar | editar a fonte]
Eruanno - Mateu, escrito en Quenya.
Variantes noutras linguas
AlemánMathias, Matthias, Matthäus
Árabeمتى (Mattā)
AragonésMateu
ArmenioՄատթէոս (Mathios)
AsturianoMateo, Mateos[10]
BelarusoМацей (Maciej)
BúlgaroМатей (Matey), Матюш (Matyush), Мато (Mato), Матуш (Matush)
CastelánMateo
CatalánMateu
ChecoMatěj, Matouš
Coreano매튜, 마태
CroataMatej, Mate, Matija, Matko
DinamarquésMads, Mattæus, Mathias
EslovacoMatej, Matus
EslovenoMatej, Matevž, Matjaž, Matija
EsperantoMateo, Matiaso
EstonianoMadis, Mati
FinésMatias, Matti
FrancésMathieu, Matheu, Matthieu; Mathias, Matthias; Mathis, Matthis
Gaélico escocésMaitias
GalésMathew, Mat
GregoMatthaios, Maththaios
HawaianoMakaio, Mataio
HolandésMatthijs, Mathijs, Mattijs, Mattheus
HebraicoMattai, Mattityahu, Mattithyahu
HúngaroMáté, Mátyás
InglésMatthew, Mathew, Matt, Matty, Mattie
InterlinguaMattheo
IrlandésMaitiú
IslandésMatthías
ItalianoMatteo, Mattia, Maffeo
LatínMatthæus
LetónMatīss, Matejs, Metjū, Matiass
LituanoMatas, Motiejus
MalaialaMathai, Matthai, Mathew, Maatthu, Maathan
MalaioMatius
NorueguésMatteus
PolonésMateusz, Maciej
PortuguésMateus, Matias (actual ortografía), Matheus, Mathias (ortografía arcaica)
RomanésMatei
RusoМатвей (Matvei), Матфей (Matfei), Мотя (Motya)
SerbioМатија (Matiya)
SuecoMatteus, Mattias, Mathias, Mats, Mattis
TurcoMatta, Mattayıs
UcraínoМатвій (Matviy), Матей (Matey)
Xaponésマット (Matto), マシュー (Mashyuu)
QuenyaEruanno, Erunno
  1. ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
  2. ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Mateu". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  3. ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
  4. ↑ En Dicionario de Dicionarios da USC.
  5. ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Mateo". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  6. ↑ Nome Mateu na Web do Instituto Galego de Estatística
  7. ↑ Nome Mateo na Web do Instituto Galego de Estatística
  8. ↑ Novum Testamentum Graece (Nestle-Aland), KATA MAΘΘAION 9:9.
  9. ↑ Literatura popular de Galicia, 1881, Juan Antonio Saco y Arce. Ed. De J. L. Saco, Ourense
  10. ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2024. Consultado o 13 de febreiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]