Mateo Cantacuzeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mateo Cantacuzeno
Nacemento1325
Lugar de nacementoMistras
Falecemento23 de xuño de 1383
Lugar de falecementoMistras
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónmonarca
PaiXoán VI Cantacuzeno
NaiIrene Asanina
CónxuxeIrene Paleóloga
FillosDemetrio I Cantacuzeno, Helena Asanina Cantacuzena e João Cantacuzeno
IrmánsManuel Cantacuzeno, Helena Cantacuzena e Teodora Cantacuzena
editar datos en Wikidata ]

Mateo Cantacuzeno (en grego: Ματθαίος Ασάνης Καντακουζηνός, Matthaios Asanēs Kantakouzēnos), nado cara 1325 e finado en 1383 ou 1391, foi emperador de Bizancio entre 1353 e 1357.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mateo Asanes Cantacuzeno era fillo do emperador Xoán VI Cantacuzeno e de Irene Asanina. A cambio do apoio que deu ao seu pai durante a loita deste contra Xoán V Paleólogo foille concedido anexar parte da Tracia como seu feudo persoal e en 1353 foi designado coemperador. A partir do seu señorío na Tracia Mateo conduciu varias guerras contra os serbios. Unha das súas campañas fracasou en 1350 por causa da deserción dos seus auxiliares turcos. En 1357 foi capturado polos seus inimigos, que o entregaron ao emperador concorrente Xoán V Paleólogo. Forzado a abdicar, mudouse para o Despotado de Morea en 1361 e auxiliou o seu irmán Manuel Cantacuzeno a gobernar a rexión. Despois da morte do seu irmán en 1380, Mateo gobernou a Morea até o nomeamento do novo gobernador Teodoro I Paleólogo en 1381 e a chegada deste en 1382. Antes da transferencia integral do poder na Morea dos Cantacuzeno para os Paleólogo, Mateo abdicou a favor do seu fillo Demetrio I Cantacuzeno.

Familia[editar | editar a fonte]

Coa súa muller Irene Paleoloxina, Mateu Asanes Cantacuzeno tivo varios fillos:

  1. Xoán Cantacuzeno, despotes.
  2. Demetrio Cantacuzeno, sebastocrátor.
  3. Teodora Cantacuzena.
  4. Helena Cantacuzena, que casou co conde Luís Fadrique de Salona.
  5. María Cantacuzena, que casou co Xoán Láscaris Caloferos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Oxford Dictionary of Byzantium, 1991.

c