Interlingua (lingua artificial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Existe outra lingua ás veces coñecida como interlingua, é o latino sine flexione.
Interlingua
Creado por: International Auxiliary Language Association1951
Emprego e uso: Linguaxe auxiliar internacional
Total de falantes: descoñecido
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Linguaxe auxiliar internacional
  Interlingua
Categoria (fontes): linguas románicas, xermánicas, e eslavas.
Estatuto oficial
Lingua oficial de: ningún país
Códigos de lingua
ISO 639-1: ia
ISO 639-2: ina
ISO 639-3: ina
SIL: INA

Interlingua é unha lingua artificial. O vocabulario da interlingua foi tomado das principais linguas románicas, xermánicas e eslavas. O mesmo ocorreu tamén coa súa gramática, pero moito máis simplificada. Interlingua trata de ser, en esencia, o "factor común" entre as linguas europeas.

A gramática e o vocabulario da interlingua foron completados no 1950. Alexander Gode foi un dos primeiros iniciadores deste esforzo; publicou unha gramática detallada, un dicionario interlingua-Inglés e un libro introdutorio, titulado en Interlingua: Interlingua a prime Vista.

Interlingua ten seguidores nos EEUU, nos Países Baixos, en Rusia e particularmente en Suecia. Existen algunhas páxinas web en interlingua e un boletín mensual.

Agora interlingua tende a substituír o seu vocabulario tomado do latín clásico na versión orixinal de Gode polo vocabulario románico. Por exemplo, emer (comprar) vese substituído por comprar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]