Mateo de Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mateo de Prado
Nacemento1614
Lugar de nacementoCumbraos
Falecemento1677
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor
editar datos en Wikidata ]

Mateo de Prado, nado en Cumbraos (Sobrado) cara a 1614 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1677, foi unha das meirandes figuras da escultura barroca galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coro do mosteiro de San Martiño Pinario.

Traballou no relicario de Villagarcía de Campos (Reino de Castela) e máis tarde traballou no santuario de Arantzazu (Guipúscoa). En 1639 encargáronlle facer o cadeirado do mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. No coro baixo preside a iconografía a figura da Inmaculada, eixo do desenvolvemento da vida da Virxe. Salienta o naturalismo das texturas e a expresividade das emocións, nunhas escenas, e os fondos arquitectónicos das figuras, noutras. No coro alto San Bieito, cunha figura de corpo enteiro, preside a iconografía onde non faltan santos venerados popularmente en Galicia. Percíbese a influencia de Gregorio Fernández.

Realizou varias figuras para a igrexa de Santa María de Frades (A Estrada) e para a igrexa de Santo André de Barrantes (Ribadumia). O mosteiro de Sobrado dos Monxes tamén reclamou os seus servizos, onde realizou unha talla de San Bernardo. No ano 1643 estaba traballando na catedral de Santiago. Máis adiante realizou esculturas para o convento de San Domingos da Coruña e para o Hostal dos Reis Católicos, estas perdidas.

Consérvanse tamén varias realizacións para a catedral de Ourense. Salientan senllas inmaculadas conservadas no museo diocesano e unha Asunción no retablo da capela do mesmo nome. En terras ourensás, semella que traballou tamén para o mosteiro de Oseira (Oseira) e con certeza para o de Montederramo, deixando testemuño da súa mestría no retablo do mosteiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]