Labrada, Guitiriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Labrada
Guitiriz, S. María de Labrada.JPG
Igrexa parroquial
Situación da parroquia de Labrada en Guitiriz.png
ConcelloGuitiriz
Poboación287 hab. (2012)
Entidades de poboación39

Santa María de Labrada é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz na comarca da Terra Chá, a uns 14,3 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 287 habitantes (149 mulleres e 138 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 314 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No interior da igrexa parroquial atópanse diversas pinturas murais góticas, datadas en torno ós séculos XV ou XVI. Os frescos estaban cubertos por cal (seguindo unha práctica profiláctica habitual na época contra a peste e outras enfermidades contaxiosas) e foron descubertos na década de 1990, cando os veciños decidiron retirar o encalado polo seu mal estado.

As pinturas distribúense en ámbalas paredes da igrexa, pero faltan na cabeceira, que foi engadida con posterioridade. Están nun estado de conservación variable, como consecuencia do paso do tempo, as humidades da igrexa e mesmo pola abertura de dúas ventás na parede que destruíron parte das figuras. Desde o seu descubrimento non foron obxecto de ningún traballo de conservación ou consolidación.

Na parede norte pódense ver as seguintes figuras:

Na parede sur:

  • Unha santa e un santo imposibles de identificar.
  • Santiago na súa iconografía de Matamouros, aínda que vai vestido coa túnica de peregrino e a cuncha cosida no sombreiro de aba ancha
  • O inferno

A escena do inferno é a máis complexa. Está representado por sete demos negros que están "cociñando" sete almas pecadoras nunha gran pota. Os sete condenados toman forma de muller e poden representar os sete pecados capitais. A maiores, outras sete almas esperan ser sometidas á tortura (mais outra que semella ser un neno); estas sete almas, cinco mulleres e dous homes, tamén están núas a excepción dun bispo e unha muller provista dun tocado. A presenza destas dúas últimas figuras, tamén común na representación do purgatorio dos petos de ánimas, indicaba ós fieis que nin o clero nin a nobreza estaban libres de pecar e ser condenados.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Labrada[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Labrada no concello de Guitiriz (Lugo)

Os Aboares | As Ameixeiras | A Balsa | Bañobre | O Bernaldo | O Cal | Os Carballiños | O Carballo | A Carreira | Os Castelos | O Castro | Cece | O Codeso | Estremil | Galiñeiro | A Gandarela | Gatelle | A Granxa Vella | Margá | Muxín | A Paderna | A Pena | As Penas | O Prado Vello | O Pumariño | A Puza | O Regueiro | O Rodeiro | Saa | San Cristovo | San Mateo | Sinde | A Tarañeira | A Torre de Labrada | As Toxeiras | O Toxiño | Vacoira | Os Xiros | Xove Novo | Xove Vello | Xunto á Igrexa

Parroquias de Guitiriz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Guitiriz

Becín (San Xiao) | O Buriz (San Pedro) | Labrada (Santa María) | Lagostelle (San Xoán) | Mariz (Santa Eulalia) | As Negradas (San Vicenzo) | Parga (Santo Estevo) | Pedrafita (San Mamede) | Pígara (San Pedro) | Roca (San Xiao) | San Breixo de Parga (San Breixo) | San Salvador de Parga (San Salvador) | Santa Cruz de Parga (Santa Cruz) | Santa Locaia de Parga (Santa Locaia) | Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña) | Trasparga (Santiago) | Vilar (Santa María) | Os Vilares (San Vicenzo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]