Wesley Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wesley Johnson
Los Angeles Clippers
Posición Ala / Escolta
Cargo Asistente de desenvolvemento de xogadores
Información persoal
Nacemento 11 de xullo de 1987 (36 anos)
Corsicana, Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Corsicana (Texas)
Universidade Iowa State (2006–2008)
Syracuse (2009–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Minnesota Timberwolves
Carreira 2010−2020
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2010–2012)
Phoenix Suns (2012–2013)
Los Angeles Lakers (2013–2015)
Los Angeles Clippers (2015–2018)
New Orleans Pelicans (2018–2019)
Washington Wizards (2019)
Panathinaikos (2019–2020)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2011)

Wesley JaMarr Johnson, nado o 11 de xullo de 1987 en Corsicana, Texas, é un ex-xogador e adestrador estadounidense de baloncesto profesional. Xogou na universidade para Syracuse e Iowa State. Foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Minnesota Timberwolves.[1][2] Actualmente traballa como asistente de desenvolvemento de xogadores para Los Angeles Clippers da NBA.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Wesley Johnson foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Minnesota Timberwolves. O 18 de marzo de 2011, Johnson fixo a súa mellor marca de anotación na derrota de Minnesota contra Los Angeles Lakers, con 29 puntos e 11 de 21 tiros.

O 27 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre tres equipos.[3]

O 15 de xullo de 2013, Johnson asinou cos Los Angeles Lakers.[4]

O 7 de febreiro de 2019, Johnson foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de Markieff Morris e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[5]

O 22 de xullo de 2019, anunciouse a fichaxe de Johnson por unha tempada polo Panathinaikos BC grego.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dana O'Neil: Big East early season review – ESPN". Sports.espn.go.com. 23 de decembro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  2. "Jay Bilas' Midseason All-American team – ESPN". Sports.espn.go.com. 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  3. "Suns Acquire Johnson and Pick, Trade Lopez and Warrick". NBA.com. 2012-07-27. Consultado o 2012-07-29. 
  4. Lakers Sign Wesley Johnson
  5. "Wizards acquire Johnson from Pelicans". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  6. Panathinaikos announced the signing of Wesley Johnson

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]