Cantiga de romaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cantiga de romería")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
As ermidas servían como lugar de encontro dos namorados.

A cantiga de romaría ou cantiga de santuario[1] é unha modalidade da cantiga de amigo caracterizada pola forma de se dar o encontro entre os dous amantes, nunha ermida ou igrexa identificada de modo preciso polo seu topónimo, localizado en Galicia ou nalgún caso moi específico no norte de Portugal[2], correntemente conformaban pequenas series dun só autor [3]. A pesar dun dos nomes que recibe non sempre transcorre durante unha romaría.

Elementos[editar | editar a fonte]

Diferentes elementos conforman as cantigas de romaría[4], non necesariamente presentes todos nunha mesma cantiga: o anuncio da intención de ir en romaría, presenza das actividades normais dunha romaría (oración, baile), cita concertada entre os amantes que é a verdadeira motivación da chegada ao santuario, existencia de obstáculos para o encontro e a ledicia ou tristura final.

Autores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé Filgueira Valverde Poesía de santuarios. Compostelanum, 3, 1958, pp. 639-654,
  2. Manuel Rodrigues Lapa Lições de Literatura Portuguesa: época medieval. Lisboa, páxina 116
  3. Henrique Monteagudo et al. Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Galaxia, 1998, pp. 82-84
  4. Mercedes Brea Mariñas e romarías na Ría de Vigo. Revista Galega do Ensino 19, 1998, páxina 29