Préstamos da lingua galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un préstamo lingüístico da lingua galega son elementos lingüísticos que o galego tomou e adaptou doutras linguas.

Orixe dos préstamos[editar | editar a fonte]

  • Occitano (occitanismo): datan do período medieval, cando o occitano era unha importante lingua de cultura. Así moitos dos termos relaciónanse co trobadorismo mais tamén doutros ámbitos: funil e trobador.
  • Francés (galicismos): a presenza de galicismos no galego é moi antiga e moi notábel no período medieval polos contactos polo Camiño de Santiago ou pola importancia de ordes relixiosas como a de Cluny e posteriormente polo seu status de lingua internacional. Son galicismos no galego: blusa, chapeu ou cisne
  • Linguas amerindias (americanismos): xeralmente designan realidades descoñecidas. A súa introdución foi por medio das linguas colonizadoras, o portugués e fundamentalmente o castelán: canoa ou cacique
  • Inglés (anglicismos): a súa introdución prodúcese cando substitúe o francés como lingua internacional. Os anglicismos pertencen ao campo da informática (chip, rato, pen), dos deportes (fútbol).
  • Castelán ou castelanismos: coa incorporación do Reino de Galiza na Coroa de Castela a influencia do castelán no galego irá a máis. Son castelanismos: guerrilla ou bocadillo. Porén, a diferenza destes préstamos necesarios, moitas das novas palabras viñeron substituír a outra patrimoniais como abuelo no canto de avó ou iglesia en vez de igrexa e que xa non se recollen nos dicionarios como formas válidas, polo que no galego culto xa non poden funcionar como préstamos.
  • Catalán: débense fundamentalmente á presenza de cataláns a partir do século XVIII na nosa industria pesqueira e conserveira. Moitos destes vocábulos son termos pesqueiros como: bou, xávega ou remolcar.
  • Latín e grego (cultismos): son as palabras introducidas no galego, cando estaba xa constituída como idioma. A maioría delas entraron a partir do século XV: capilar, cátedra...

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]