Gascón
| Gascón | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| gascon | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| Propiedades | |||||||
|
Número de falantes
| |||||||
|
Alfabeto
| |||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||
|
Dialecto de
| |||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| Xeografía | |||||||
|
País
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O gascón é a variedade máis occidental da lingua occitana, abondo diferente do resto dos dialectos do occitano, non só debido a un substrato vasco, se non que existen diferenzas léxicas, morfolóxicas e sintácticas propias do gascón que non se dan nos outros dialectos. Por estas diferenciacións algúns lingüistas afirmaron e afirman que se trata dunha lingua diferente[Cómpre referencia]. O gascón está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]
O gascón divídese en varios subdialectos entre os cales domina por tradición secular a variedade bearnesa (que na parte pirenaica presenta unhas peculiaridades que o afastan do occitano). Estas variedades pirenaicas presentan tendencias peculiares como o artigo eth (feminino era), a conservación posible do son [-a] final átono polo grafema -a final e, máis localmente, uns plurais femininos en [es]. O aranés, un subdialecto do gascón na zona pirenaica, transcribe xeralmente esta particularidade coa grafía -es no canto de -as). O bearnés, ademais das peculiaridades pirenaicas, presenta as mesmas variedades dialectais que o resto do gascón. A única discrepancia que existe hoxe en día é a maneira de escribir a lingua, habendo dúas formas distintas de grafías.
As principais variedades do gascón son:
- Landés marítimo ou "fala negra" (Biarritz, Baiona e Landas costeiras).
- Gascón central (Auch).
- Bearnés (Pau).
- Gascón oriental.
- Aranés (Val de Arán) variante pirenaica do gascón que conta coa súa propia codificación, oficial no Val de Arán.
- Bordalés (Bordeos, Medoc).
Gramática, características léxicas e fonolóxicas
[editar | editar a fonte]A morfoloxía é moi conservadora e o léxico posúe unha serie de palabras características. Entre os préstamos procedentes do aquitano e do vasco antigo inclúense termos alusivos a plantas, animais, paisaxes, agricultura, clima e vida social.
Algunhas características léxicas e fonolóxicas:
- Nunha parte do territorio gascón (vales de Aspe e Barétous en Béarn) consérvanse as intervocálicas xordas, como nalgúns dialectos aragoneses (natau, do latín natale(m); réco de rica “rego, suco”.
- O latín f pasa a h: filium > hilh (“fillo”); farina > haria; flore > hlor ("flor")
- Como o galego e portugués, perda do -n- intervocálico: luna > lua ("lúa")
- redución de mb > m : celta cumba > coma (“vale”),
- Como no catalán, nd > n: vendere > béne “vender”);
- conservación de kw e gw como no ibero-romance (quando pasa a quan; xermánico wardon pasa a guardar “observar, gardar” (mentres que no resto dos dialectos occitanos desaparece o "u").
- Como o vasco, o gascón desenvolve unha vogal protética ante r- inicial: rota > arròda; *racimu > arrasim.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
