Conversa:Gascón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non é moi correcto tratar o gascón de lingua independente do occitano, a maioría dos lingüístas trátana de variedade occitana, non sei se cómpre mover a gascón ou dialecto gascón.--RNC 17:06, 6 agosto 2009 (UTC)

  • Polo que puiden indagar o único grupo que afirma o gascón como lingua independente do occitano é o Enstitut Biarnes e Gascoun [1], moi minoritario dentro do movemento cultural gascón.--RNC 17:19, 6 agosto 2009 (UTC)
  • En principio, o máis correcto parece levalo de lingua a dialecto. Eu concordo coa mudanza. --Atobar (conversa comigo) 17:46, 6 agosto 2009 (UTC)
    • Por outra parte existe lingua valenciana, neste caso existe tradición de utilizar a forma lingua sen que iso queira dicir necesariamente diferente do catalán, como o uso de lingua aranesa, ou un pouco como o caso de "lingua brasileira" que ten un certo uso popular, non sei se o caso do gascón é equiparable ao do valenciano neste sentido.--RNC 18:27, 6 agosto 2009 (UTC)
    • O que pasa é que tamén nestes casos eu sería partidario da falar de variantes de catalán, portugués ou o que cumpra, e evitar a denominación de lingua. --Atobar (conversa comigo) 18:40, 6 agosto 2009 (UTC)
      • Eu tamén concordo co que dis, se hai consenso adiante.--RNC 18:46, 6 agosto 2009 (UTC)
Ti es moito máis aleuto ca min para estes temas, RNC. Que che parece se o expós na taberna con argumentos que abofé non han faltar? Non creo que vaia haber problema para levar a cabo a mudanza, pero cantos máis opinemos e nos interesemos pola cuestión moito mellor para o proxecto. Se te animas, faino cando queiras que tempo temos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:55, 6 agosto 2009 (UTC)
Procurarei ter un texto para a semana próxima, non vai ser fácil, é un tema complexo.--RNC 19:31, 6 agosto 2009 (UTC)