A lingua komi[1] (en komi: коми кыв, transliteración: komi kyv) é unha lingua urálica falada polo pobo komi na zona noroeste da Rusia europea. O komi pode considerarse unha única lingua con varios dialectos, ou un grupo linguas fortemente relacionadas,[2] sendo unha das dúas pólas da subfamilia pérmica. A outra lingua pérmica é o udmurto, que está moi relacionado co komi. O komi está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]