Lingua saami de Kainuu
| Lingua saami de Kainuu | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A lingua saami de Kainuu é unha lingua saami extinta que se falaba en Kainuu, Finlandia. Desapareceu arredor dos anos 1700 cando foi probabelmente asimilada e desprazada polo finés. O saami de Kainuu pertencía ao grupo de linguas saamis orientais.
Os habitantes orixinais de Kainuu eran cazadores e pescadores saami até o século XVII, cando o gobernador xeral de Finlandia Per Brahe promociounou o crecemento da poboación da rexión concedendo dez anos de exención fiscal a novos colonos. A necesidade de poboar Kainuu con granxeiros fineses viña porque a área estaba ameazada no leste polos rusos.
Os inmigrantes que chegaron a Kainuu proviñan principalmente da provincia histórica de Savonia, polo que o dialecto de finés falado na actualidade en Kainuu é moi semellante ao dialecto de dita rexión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Pobo saami |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nordhoff, Sebastian; Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin, eds. (2013). "Kainuu Sami". Leipzig: Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology.
