A lingua saami de Inari (Anarâškielâ) é unha lingua urálica falada polo pobo saami de Inari en Finlandia. Trátase dunha lingua saami que ten aproximadamente 300 falantes, dos que a meirande parte son de mediana ou avanzada idade e viven no concello de Inari. É unha lingua minoritaria recoñecida en Finlandia[1] e segundo o Parlamento Saami de Finlandia, 269 persoas empregan o saami de Inari acotío como a súa primeira lingua. É a única das linguas saamis que se fala exclusivamente en Finlandia e está clasificada como unha lingua en grave risco de desaparecer porque moi poucos rapaces a aprenden. Segundo datos do censo de 2001 tiña 300 falantes.[2]O saami de Inari está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]