Saltar ao contido

Lingua cora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cora
naáyarite
Falado en: México e os Estados Unidos
Rexións: Nayarit, Xalisco, Durango, Colorado, Arizona, Nevada e Utah
Total de falantes: 33.000 (censo de 2020)[1]
Familia: Uto-azteca
 Meridional
  Corachol-azteca
   Corachol
    Cora
Escrita: Latino
Status oficial
Lingua oficial de: En México ten recoñecemento como lingua nacional [2]
Regulado por: Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ambos:
crn — Cora de El Nayar
cok — Cora de Santa Teresa
Mapa
Status

O huichol está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua cora é unha lingua indíxena de México da familia uto-azteca, falada por aproximadamente 30.000 persoas do pobo cora, os cales se chaman a si mesmos naáyarite. Os cora habitan na serra norte do estado mexicano de Nayarit, o cal recibe o nome dos seus habitantes indíxenas. Unha parte significativa dos falantes de cora formaron unha comunidade de expatriados ao longo da parte suroeste de Colorado, nos Estados Unidos.[4] O cora é unha lingua mesoamericana e amosa moitos dos trazos definidos pola área lingüística mesoamericana. Segundo a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas, o cora está recoñecido como "lingua nacional", xunto coas outras 62 linguas indíxenas do país e o castelán, os cales teñen a mesma validez legal en México.[5]

  1. Lenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020.
  2. "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 08 de febreiro de 2007. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Hoffmann, Dorothea (2013). "From Space to Time: A Cognitive Analysis of the Cora Locative System and Its Temporal Extensions by Eugene H. Casad". Anthropological Linguistics (en inglés) 55 (3): 301–304. ISSN 1944-6527. doi:10.1353/anl.2013.0018. 
  5. "LEY GENERAL DE DERECHOS LINGÜÍSTICOS DE LOS PUEBLOS INDÍGENAS". Arquivado dende o orixinal o 2007-02-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]