Saltar ao contido

Salome (Strauss)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salomé (ópera)»)

Salome
Salomé
Alice Guszalewicz en Salome, 1910
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Strauss
Fontes literariasa obra teatral Salomé de O. Wilde
Estrea9 de decembro de 1905
Teatro da estreaSemperoper
Lugar da estreaDresden
Duración90 minutos
Música
CompositorRichard Strauss
Personaxes

Salomé (soprano dramática ou lírico-spinto)
Jokanaán (barítono baixo)
Herodes Antipas (tenor lírico ou lixeiro)
Herodías (mezzosoprano)
Narraboth (tenor lírico-spinto)
Paxe de Herodías (contralto)
Cinco xudeus (catro tenores e un baixo)
Un capadocio (baixo)
Dous nazarenos (tenor e baixo)
Dous soldados (baixos)[1]

Salome é unha ópera nun acto con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. Tivo a súa estrea o 9 de decembro de 1905 no Königliches Opernhaus de Dresden, logo de ser prohibida en Viena, con Ernst von Schuch como director e Marie Wittich no papel de Salomé. Está baseada na tradución alemá de Hedwig Lachmann da obra en francés Salomé de Oscar Wilde. Strauss adicoulle a ópera ao seu amigo Sir Edgar Speyer.[2]

A ópera é famosa (en tempos da súa estrea, foi considerada infame) pola súa "Danza dos Sete Velos", considerada escandalosa na época. Actualmente é máis coñecida pola sorprendente escena final (decotío peza de concerto para sopranos dramáticas), onde Salomé declara o seu amor á cabeza cortada de Xoán o Bautista.

Salomé é a primeira ópera que abre novos camiños ao xénero tralo impacto wagneriano e sintonizou coas novas correntes que o mundo de Berlín incorporara ao teatro, no que coexisten simbolismo e decadentismo cun expresionismo incipiente. Acollida con entusiasmo, malia o escándalo que logo suscitaría en Berlín, Londres ou Nova York, converteuse nunha das óperas do século XX máis admiradas e representadas.[3]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxes Tesitura Elenco na estrea, 9 de decembro de 1905
Director: Ernst von Schuch
Herodes, Tetrarca de Xudea e Perea tenor Karel Burian
Herodías, súa dona (e cuñada) mezzosoprano Irene von Chavanne
Salomé, súa fillastra (e sobriña) soprano Marie Wittich
Jochanaan (Xoán o Bautista) barítono Karl Perron
Narraboth, Capitán da garda tenor Rudolf Ferdinand Jäger
O paxe de Herodías contralto Riza Eibenschütz
Primeiro xudeu tenor Hans Rüdiger
Segundo xudeu tenor Hans Saville
Terceiro xudeu tenor Grosch
Cuarto xudeu tenor Anton Erl
Quinto xudeu baixo Léon Rains
Primeiro nazareno baixo Theodor Kruis
Segundo nazareno tenor Friedrich Plaschke
Primeiro soldado baixo Franz Nebuschka
Segundo soldado baixo Erwin
Un capadocio baixo Ernst Wachter
Un escravo soprano/tenor Maria Keldorfer
Invitados reais (exipcios e romanos), e o seu séquito, serventes, soldados (todos mudos).
  1. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 415. ISBN 84-206-0284-1. 
  2. Ficha en IMSLP
  3. Nas estatísticas Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine. de Operabase para 2017/2018 aparece no posto 43 das óperas máis representadas a nivel mundial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.