David Belasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Belasco
David Belasco
David Belasco entre 1898-1916
Nacemento 25 de xullo de 1853
Lugar San Francisco, California
Falecemento 14 de maio de 1931 (77 anos)
Lugar Nova York, Estado de Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupación Produtor e director de teatro
Cónxuxe(s) Cecilia Loverich (1880–1931, até a morte del)

David Belasco, nado en San Francisco o 25 de xullo de 1853 e finado o 14 de maio de 1931, foi un dramaturgo e director, produtor e empresario teatral estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Belasco, nado en San Francisco, procedía dunha familia de xudeus sefardís procedentes de Londres que se asentaran en California durante a febre do ouro. De mozo comezou a traballar nun teatro da cidade onde fixo de case todo, desde rapaz de recados, copiar escritos ata actuar e dirixir. En 1882 trasladouse a Nova York onde foi director de escena do Madison Square Theater ó tempo que escribía as súas propias obras teatrais. Para 1895 tivera tanto éxito que se puido converter en produtor independente.

Durante a súa longa carreira, de 1884 a 1930, Belasco escribiu, dirixiu e produciu máis de 100 pezas para Broadway, entre as que salientan Hearts of Oak, The Heart of Maryland e Du Barry. Non obstante as súas máis coñecidas producións foron a adaptación da ópera de Giacomo Puccini, Madame Butterfly para o teatro e The Girl of the Golden West da que o propio Puccini realizou unha versión operística, La fanciulla del West. Realizáronse aproximadamente corenta filmes adaptando as súas obras, entre o que se inclúe Seven Chances de Buster Keaton.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Belasco Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]