Teatro dell'Opera di Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Teatro Costanzi")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°54′02″N 12°29′44″L / 41.90056, -12.49556

Fachada do Teatro dell'Opera.

O Teatro dell'Opera di Roma é un teatro de ópera en Roma, Italia.[1] Orixinalmente aberto ó público en novembro de 1880 como Teatro Costanzi, sufriu varios cambios de nome así como diversas melloras. No presente ten unha capacidade de 1 600 persoas.

Historia[editar | editar a fonte]

O teatro da Ópera de Roma foi orixinalmente coñecido como Teatre Costanzi polo seu construtor, o empresario Domenico Costanzi (1810-1898). Foi financiado privadamente por Constanzi, quen lle encargou o proxecto ó arquitecto milanés Achille Sfondrini (1836-1900), un especialista na construción e renovación de teatros. Sfondrini prestou especial atención no seu proxecto á acústica da sala, que orixinalmente tiña unha capacidade de 2 212 espectadores, planta de ferradura, tres pisos de palcos, un anfiteatro e dúas galerías, que remataban nunha cúpula decorada con frescos de Annibale Brugnoli.[2]

Costanzi encargouse persoalmente da xestión do teatro, e durante o seu mandato producíronse importantes estreas mundiais, como o de Cavalleria rusticana, de Pietro Mascagni. Coa morte de Costanzi, o seu fillo Enrico fíxose cargo da empresa do teatro, producíndose na súa etapa o maior acontecemento da historia do teatro: a estrena de Tosca, de Giacomo Puccini (14 de xaneiro de 1900).

En 1907, o Teatro Costanzi foi adquirido polo empresario Walter Mocchi. A partir de 1912, a esposa de Mocchi, a soprano Emma Carelli encargouse da dirección. Durante a súa xestión pode destacarse a primeira representación en Italia de Parsifal, de Wagner, e a visita dos Ballets Rusos de Sergei Diagilev.

En 1926, o teatreo foi adquirido polo concello de Roma, que cambio o seu nome por Teatro Real dell'Opera. Foi parcialmente reconstruído e reaberto o 27 de febreiro de 1928 con Il Nerone, de Arrigo Boito. A reconstrución consistiu, a grandes trazos, no derrubo do anfiteatro, para engadir un cuarto piso de palcos, a redecoración de toda a sala, ademais da instalación dunha gran lámpada, de cristal de Murano, de 6 metros de diámetro. Ademais, no exterior, abriuse unha nova entrada principal na actual Piazza Beniamino Gigli.

Despois da proclamación da república, o nome do teatro cambiou a Teatro dell'Opera. En 1958, por mor da celebración dos Xogos Olímpicos en 1960, fíxose unha segunda reconstrución, que cambiou radicalmente o estilo do exterior, construíndo a fachada actual e a entrada. Mantendo a lendaria acústica da sala, restaurouse a decoración en estuco, instalouse un sistema de aire acondicionado, ampliouse o proscenio e deixouse a súa capacidade en 1 600 butacas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Teatro dell'Opera in Rome, Toni Servillo for "Egmont"" Teatrio Online. Consultado o 30 de maio de 2017.
  2. "Historia del Teatro". Web da Ópera de Roma. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 29 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]