Pony Express
O Pony Express foi un servizo de correo que entregaba mensaxes, xornais, e correo. Foi fundado por William H. Russell, Alexander Majors e William B. Waddell, todos notables no negocio de transporte de mercadorías.[1] Comezaba en St. Joseph (Missouri) e chegaba até Sacramento (California). Estivo operativo dende abril de 1860 até novembro de 1861. As mensaxes levábanse a cabalo ó longo de pradeiras, chairas, desertos e montañas. Reduciu o tempo que tardaba o correo en chegar dende o océano Atlántico ó océano Pacífico a dez días.
Ó viaxar por unha ruta lixeiramente máis curta e empeegar xinetes no canto de dilixencias, os fundadores do Pony Express agardaban lograr un servizo máis rápido e seguro e conseguir un contrato exclusivo co goberno.
O Pony Express demostrou que podía facerse un sistema unificado transcontinental e funcionar duranto todo o ano, algo que antes se vía imposible. Dende que foi substituído polo telégrafo e a primeira vía férrea transcontinental, o Pony Express pasou a formar parte da épica do Vello Oeste.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bradley 1913, p. 21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pony Express |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bradley, Glenn Danford (1913). The story of the Pony Express. A. C. McClurg & Co. Consultado o 15 de xuño de 2014.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia polo miúdo do Pony Express Arquivado 05 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- St. Joseph Museum Inc., Historia do Pony (en inglés)
- Estación Hollenberg do Pony Express (en inglés)